25 de xaneiro

Na primeira media hora deseñamos unha tarefa que recolla o aprendido nos días anteriores tratando de aplicar o aprendido ao noso contexto real. Semella ser unha avaliación do aprendido e comprobar ata que punto é valido para o noso traballo. O resto da mañá adicouse á explicación e rondas de comentarios sobre aspectos positivos e problemas a superar en cada un deles.

Trátase de facer un bocexo cos seguintes puntos:

1-HABILIDADES E COMPETENCIAS

2-FERRAMENTAS E TÉCNICAS A UTILIZAR

3-AVALIACIÓN DO ALUMNO – AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS

4-MOTIVACIÓN

5-PUNTOS CLAVE E ALCANCE

6-SMART GOALS

ANALIZAREMOS CADA CASO COA DINÁMICA “FISH BOWL”, é dicir, un partipante expón o seu proxecto sen que ninguén interrompa. Tras a exposición os demais valorarán os aspectos positivos e negativos.

-Ann escolleu un proxecto dunhas 15 horas con alumnado de nivel B2 de inglés sobre Stonehenge que inclúe investigación, traballo escrito e visita a unha exposición sobre o tema en Leuven.

-François deseñou un test de laboratorio onde os alumnos non reciben instruccións e teñen que procurar en grupos de 3 o mellor modo de realizalo.

-Celeste explicou o proxecto que están a realizar nas escolas de ALVALADE en Lisboa.

-Eu escollín como tarefa realizar un FOLLETO turístico para presentar o LUGAR onde nacemos ou vivimos ou ben que recolla unha LENDA OU TRADICIÓN LOCAL. É unha tarefa para o meu alumnado de nocturno a realizar individualmente ou en grupo. 

Por certo, trala exposición os portugueses manifestaron o desexo de colaborar connosco porque temos ideas semellantes... e tamén os mesmos problemas para levar adiante proxectos. E a isto hai que engadir a proximidade física e cultural.

-Por último Celia propuxo realizar con alumnado de Secundaria un álbum dixital, un testemuño dos horrores do Holocausto xudeu, e doutros semellantes.

Rematamos coa entrega dos diplomas, foto de grupo, entrega de materiais e revisión.