Visita Monforte o alumnado do intercambio con Francia
Nesta semana, desde o día 24 ao 30 de Abril, no IES Río Cabe están de visita os/as alumnos/as procedentes de Landernau (Francia) dentro do programa de intercambio cultural e de idiomas que desde fai 21 anos vense organizando nos nosos centros.
Antes das vacacións de Semana Santa foi o noso alumnado o que visitou o país francés e agora tócalle a eles visitar a nosa localidade. Nesta semana os alumnos participan en distintas actividades programadas polos profesores que organizan o Intercambio: visita a Santiago de Compostela, Ourense, Lugo... así como a convivencia coas familias de acollida.
O intercambio prodúcese con alumnado do Instituto de Saint Sebastien, de Landerneau.
Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos: