1º ESO. Xornada Micolóxica con Lactouros

23.10.2023

 

Nesta primeira xornada micolóxica do Río Cabe o alumnado de 1º ESO, acompañado das súas profesoras Raquel Seoane e Nuria Mariño, foi testemuña da grande exuberancia dos montes da bisbarra monfortina.

A asociación micolóxica da propia vila, os Lactouros, foi a encargada de impartir unha breve formación e de acompañarnos na saída de campo que tivo lugar en Bóveda ao longo da mañá deste pasado 23 de outubro. Mais non só iso, senón que tamén fixemos partícipe dos nosos achados a toda a comunidade educativa a través da exposición que dispuxemos na entrada, na que se poden ver as diferentes especies cos seus respectivos nomes científicos, así coma unha recollida da gran diversidade de nomes existentes para referirse aos cogomelos, cantigas e refráns asiciados aos mesmos, et. na que, por certo, debedes participar!

Moitas foron as especies das que recollemos exemplares, dende amanitas ata linguas de vaca, e malia non termos atopado os ben apreciados boletos ou níscalos, prometemos volver ao monte na súa procura porque, agora si, somos quen de identificalos grazas aos nosos novos amigos de Lactouros.

 

Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.