Presentación Ensinanzas de Adultos 19/20

DATAS PRESENTACIÓN ADULTOS E COMEZO ACTIVIDADE LECTIVA

O día 23 de setembro, luns, ás 18:30h terá lugar, no salón de actos do centro, a presentación do novo curso escolar nas Ensinanzas de Adultos,co  equipo directivo e os  profesores  que imparten nos respectivos niveis.

Ó rematar os alumnos e mailos titores xuntaranse nas respectivas aulas onde se lles fará entrega  dos horarios e responderán ás dúbidas que poidan xurdir.

As clases comezarán ó día seguinte, 24  martes,  para a Educación Secundaria Adultos niveis I e III , Castelán e Galego para estranxeiros, CUALE Inglés e  Francés e Ciclo de Turismo no horario fixado. As  de Bacharelato Semipresencial e Técnico deportivo de fútbol comezarán o día 30 de setembro, luns.