- ERASMUS+ G. MEDIO

Alumnas recén tituladas de FP de Grao Medio de prácticas en empresas italianas co programa Erasmus+

Tres alumnas de Formación Profesional de Grao Medio vanse de Erasmus para iniciar unhas prácticas como recén tituladas en empresas italianas. Vianny e Lorena farán prácticas de Emerxencias Sanitarias e Sofía fará prácticas de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Este tipo de experiencias de mobilidade son promovidas pola Unión Europea entre os estudantes de Formación Profesional nunha aposta polo desenvolvemento da cidadanía europea e a mellora das competencias persoais e sociais, ademáis das competencias técnicas.

Parabéns e sorte para as tres!

 

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades de Ciclos Básicos e Medios de FP: Modalidade FCT

 

MOBILIDADES PARA FACER A FCT:

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT total ou parcialmente en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa desde un mínimo de 2 semanas ata un máximo de 81 días de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Períodos Xaneiro-Marzo e Abril-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de outubro inclusive.

 

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades de Ciclos Básicos e Medios de FP: Modalidade RECÉN TITULADOS

 

MOBILIDADES PARA RECÉN TITULADOS:

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para recén titulados en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Básicos e Medios de FP. As bolsas para recén titulados poderá solicitalas o alumnado do centro que finalice a FCT en Decembro de 2021.

Estas mobilidades consisten nun período de prácticas nunha empresa estranxeira ata un máximo de 154 días de duración durante o presente curso académico 2021-22 (Período Xaneiro-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de outubro inclusive.

 

 

Distribuir contido