- ERASMUS+ G. MEDIO

Convocatoria de bolsas Erasmus+ para alumnos de Ciclos Medios e Básicos de FP (Abril 2021)

Convocadas as bolsas de mobilidades para a realización de prácticas en empresas europeas para alumnos recén titulados de Formación Profesional Básica ou Ciclo Medio.

 

 

 

Acreditación Erasmus para FP (2021-2027)

Temos unha BOA NOVA EUROPEA: o IES Ricardo Mella obtén a Acreditación Erasmus (KA120) para FP garantindo a participación do noso centro no novo programa Erasmus+ 2021-2027. Isto vai permitir que teñamos en todo este periodo actividades de mobilidades de estudantes e de persoal de Formación Profesional de Grao Básico e de Grao Medio.

 

folleto_ka120.pdf (sepie.es)

Criterios de selección para o alumnado candidato a programas de mobilidade ERASMUS+

Xa podedes consultar os criterios de selección que se empregarán para a adxudicación dos programas de mobilidade internacional ERASMUS+ 2019-2020.

Fixádevos ben en cal é a vosa modalidade de entre as tres ofertadas xa que os criterios son distintos: Titulados en Grao Medio, alumnado de Grao Medio e alumnado de Grao Superior.

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL PROGRAMAS ERASMUS+ CURSO 2017/2018

Dacordo cas bases da convocatoria, procédese a facer pública a lista dos candidatos/as presentadas para participar no presente curso, en mobilidades internacionais ao amparo do programa ERASMUS+, e a puntuación obtida en dito proceso.

 

A partires da data da publicación desta resolución, dase un prazo de 10 días naturais para que o alumnado candidato que o considere oportuno presente alegacións/reclamación contra a mesma.

Lembrade que este listado corresponde simplemente ás puntuacións, o número de persoas que poderán finalmente participar dependerá do número de plazas asignadas ao IES Ricardo Mella para tal fin.

Distribuir contido