Skip to Content

O barroco en Vilanova de Lourenzá

O venres, día 13, o alumnado de 2º de ESO visitou distintos lugares de Vilanova de Lourenzá para ver as pegadas do barroco no concello.

A actividade organizouna a profesora Carmela Besteiro, do departamento de Xeografía e historia.

MÁIS FOTOS

Premio Bibliotecas Municipais

Pablo Vivero, alumno de 1º de ESO-C, que obtivera o premio na fase local do certame "Letras galegas" na modalidade de debuxo, foi galardonado tamén na fase provincial.

Noraboa!

Concurso "San Martiño de Mondoñedo"

Giselle Pérez , Patricia Gil e Cristina Vizoso, de 3º de ESO A, foron as gañadoras do concurso sobre San Martiño de Mondoñedo (Foz), que organizamos co gallo da visita a esta basílica o día do Correlingua.

Como premio, recibiron un diploma e unha consumición na nosa cafetería.

Noraboa!


Visita do alumnado dos centros adscritos, 2014

O luns, día 9 de xuño, visitounos o alumnado de 6º dos centros adscritos, que previsiblemente se incorporará ó noso centro o próximo curso.

Recibíronos no salón de actos o Director, Alfonso Piñeiro; a Orientadora, Raquel Vijande; e un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do noso centro. Despois dunhas palabras do Director e da Orientadora, a alumna Aicha Rajouani dirixiuse a eles para darlles a benvida en nome de toda a comunidade escolar.

A continuación, organizados en pequenos grupos, visitaron as instalacións do instituto guiados polo noso alumnado.

Agradecemos a colaboración de Tania Carballo, Vanesa García, Samuel Alonso, Eros Iglesias, Aicha Rajouani, José Luís Villar, Carmen Fernández, María Doural, Eva Iglesias, Ismael Martínez, Román López, Rubén Fernández, Carla Díaz, Inés Canto e Zaira Teixeira, que desempeñaron perfectamente o seu papel de anfitrións.

Festival 4º ESO

O día 23 de maio tivo lugar no salón de acto un festival organizado polo alumnado de 4º de ESO para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso.

Houbo actuacións de guitarra, vento-metal, danza, rap, vento-madeira, piano, clarinetes, etc.

O día 6 de xuño repetiuse o festival no cine-teatro de Ribadeo para o público en xeral.

Premios "Prensa-escola" de La Voz de Galicia

A alumna Carolina Yáñez Santana, de 2º de ESO, obtivo o 2º premio na modalidade de entrevista (alumnado da ESO) da categoría Mellor xornalista xuvenil deste certame. Coordinou a actividade o profesor Manel Yáñez.

Noraboa!!!

Aquí podes ver todos os traballos premiados.

Máis información


Foto: La Voz de Galicia

 

Visitas ó CENIMA

Maio de 2014:

Os departamentos de Debuxo e Xeografía e historia organizaron visitas para varios grupos ó CENIMA de Foz e, de paso, ó pazo da Trabe (Vilanova de Lourenzá).

As profesoras Chus Colmenero, Paula Alvite e Flor Núñez encargáronse de coordinar a actividade e de acompañar o alumnado.

Podes ver máis imaxes neste ENLACE.

Premios "Letras galegas", 2014

Maio de 2014

Dúas alumnas e un alumno do noso centro recibiron premios no Certame das Letras Galegas organizado pola Biblioteca Pública Municipal "El Viejo Pancho":

  • Carla Díaz Leiras: 1º premio no certame de debuxo (categoría C).
  • Pablo Vivero Fernández: 3º premio no certame de debuxo (categoría C).
  • Sara Canto González: 3º premio no certame de narración (categoría C).

Estes son os traballos premiados:

Carla Díaz:


 Pablo Vivero Fernández:


 Sara Canto González:

 

Correlingua, 2014

O venres, día 16 de maio, o alumnado de 3º de ESO participou na edición da Mariña do Correlingua, que este ano tivo lugar en Foz. 

Previamente, visitamos a basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz), onde fixemos unha visita guiada, por xentileza de persoal do Concello de Foz.

Despois, desprazámonos ata a praia de Llas, e desde alí percorremos as rúas de Foz, co resto dos centros da Mariña, ata o porto, onde tivo lugar o acto central desta xornada reivindicativa, con diversos actos poético-musicais.

A actividade organizouna o Equipo de dinamización lingüística e o alumnado estivo acompañado polos profesores Dores Fernández Abel, Tomás Sanjurjo e Suso Fernández Acevedo. 

MÁIS IMAXES

En San Martiño de Mondoñedo (Foz)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut