Skip to Content

Consumo froita

 

O NOSO CENTRO NO PLAN PARA O CONSUMO DE FROITA, 2017

 

 

 

Somos FROITOPÍA!                                    ENLACE Á NOSA GALERÍA

Cada recreo hai unha peza de froita de balde agardándote grazas a este proxecto!

 

 Unha alimentación equilibrada é fundamental nun estilo de vida san, por iso é recomendable coñecer dende moi novos a importancia duns hábitos alimenticios adecuados. É unha tarefa importante da familia que se pode reforzar na escola como tema transversal de diferentes materias, sobre todo se o centro posúe comedor escolar.

Os cambios no estilo de vida debido a factores como a incorporación da muller ó traballlo, a industrialización, a aparición de comidas rápidas e precociñadas,… repercutiron nos hábitos de alimentación e na menor realización de actividade física o que provoca enfermidades en idades cada vez mais temperás como obesidade, elevado colesterol, hipertensión,… Todas estas enfermidades soen darse por excesos en comidas pouco saudables, polo que unha boa educación correxiría gran cantidade delas ou polo menos retrasarían a súa aparición.

Cos avances tecnolóxicos, cada vez hai máis produtos insanos e procesados, polo que sempre é recomendable usar produtos naturais para asegurarmos de saber o que tomamos, de que é algo san e por outra banda contribuír a conservar o medio ambiente.

Estes e outros coñecementos nos gustaría transmitir ós alumnos do noso centro mediante unha serie de actividades enfocadas á adquisción de hábitos alimenticios saudables. Os grupos propostos sería 1º da ESO na materia de Atención educativa, 2º da ESO en Educación para a Cidadanía e 1º de BACH na materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación co fin de acadar os seguintes obxectivos:

 

OBXECTIVOS

O obxectivo principal será o promover hábitos alimenticios saudables na escola e na casa.

Reflexionar sobre os seus hábitos alimenticios e ser capaces de modificarlos.

Sensibilizar da importancia dunha dieta equilibrada e a relación directa desta co estado de saúde.

Fomentar o consumo de alimentos frescos e non procesados.

Coñecer máis conceptos relacionados coa tecnoloxía dos alimentos.

Coñecer a etiquetaxe de productos

Recoñecer as diferentes necesidades de nutrientes nos diferentes estadíos da vida, facendo  fincapé nas necesidades dos adolescentes.

Coñecer patoloxías relacionadas coa alimentación, especialmente as relacionadas cos trastornos da alimentación.

Ensinar a detectar publicidade enganosa de productos mediante exemplos concretos.

Sensibilizarse e coñecer o problema da fame no mundo.

Durante 4 semanas tres profesores do centro (Ángeles Ríos, Sonia Bergantiños e Manel Yáñez) coa colaboración do alumnado de 1º e 2º ESO e 1º BACH, distribuiremos froita fresca subvencionada polo FOGGA durante os períodos de recreo, na recta final dun proxecto que chamamos FROITAS Á EXAME!, pero que levamos traballando xa desde o principio de curso.

Este proxecto máis amplo pretende inculcar no noso alumnado hábitos de vida saudable, Estes hábitos non só se refiren á alimentación, senón tamén á limpeza, reciclaxe e conviencia.

 

 

 

AdxuntoTamaño
sanmartiño.jpg45.75 KB
sanmartiño1.jpg68.48 KB
sanmartiño2.jpg52.75 KB
MANZANA.jpg156.66 KB
PARAGUAIOS.doc49 KB
A granada.doc108 KB
AS CEREIXAS.doc25.5 KB
A MIÑA FROITA FAVORITA.pdf231.87 KB
CANDO COMO A FROITA.pdf170.75 KB
CONSUMO NO RECREO.pdf145.93 KB
froita inverno 3.pdf32.65 KB
froitas consumidas no inverno.pdf17.85 KB
froitas de inverno 1.pdf29.13 KB
QUE FROITA COMO NO INVERNO.pdf142.69 KB
QUE FROITA COMO NO VER_üN.pdf224.62 KB
Foodscapes.pps1.99 MB
Cocinero_aburrido.pps616 KB
COMIDAS NO MUNDO.pps2.49 MB
carteis.jpg988.5 KB
carteis 2.jpg785.9 KB
OS AMORODOS.doc40.5 KB
Fruta_Ciudadanía.doc35 KB
propiedades das cereixas.doc26 KB
TRABALLO_CEREXA_(FROITAS_Á_EXAME).doc36.5 KB
naranjas Curiosidades + prop.doc36.5 KB
Os albaricoq.doc142.5 KB
pera 2.doc25 KB
Pera.doc171 KB
plátano.doc43 KB
propiedades del melocotón.doc62.5 KB
Vitaminas y minerales de las Frut.doc26.5 KB
aviso gallito de corral.JPG551.66 KB
fase 3. tio sam.jpg825.12 KB
P1160967.JPG166 KB
P1160968.JPG156.5 KB
OS AMORODOS.doc40.5 KB
P1160969.JPG169.5 KB
P1160970.JPG172.23 KB
P1160971.JPG157 KB
P1160972.JPG161 KB
P1160973.JPG170.5 KB
P1160974.JPG162 KB
P1160975.JPG170 KB
P1160976.JPG150.83 KB
P1160977.JPG172.5 KB
P1160978.JPG163 KB
P1160979.JPG155 KB
P1160980.JPG166.5 KB
P1160981.JPG173 KB
P1160982.JPG163.01 KB
P1160983.JPG173.76 KB
P1160984.JPG167.84 KB
P1160985.JPG169.5 KB
P1160986.JPG154.03 KB
P1160988.JPG171 KB
suricatas 1.JPG793.73 KB
suricatas 2.JPG701.61 KB
Somos lo que comemos. Carolina Yáñez.doc32 KB


page | by Dr. Radut