PODEDES ACCEDER AO DOG NO QUE SAEN CONVOCADAS E ESTÁ TODA A INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ.
E HAI MÁIS INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA AQUÍ.
O 21 de xuño todo o alumnado e profesorado do centro asistimos a unha gran mostra de talentos co Festival de fin de curso 2023.
Comezamos coa estrea da primeira obra de teatro do noso IES (agardamos que haxa moitas máis nos cursos vindeiros) coa participación de alumnado de 1º e 2º de ESO e baixo a dirección de Elvira e Ana.
Continuamos coa mostra de traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO sobre a figura de Fernando Pessoa e a emigración galega a Portugal.
Finalmente asistimos ao tradicional concerto a cargo do alumnado de música de 2º, 3º e 4º de ESO
NORABOA A TODOS OS NOSOS GRADUADOS DE 4º DE ESO E MOITA SORTE PARA O FUTURO!
PARA VER TODAS AS FOTOS PODES ACCEDER A ESTE ENLACE USANDO O TEU CORREO DO IES POETA AÑÓN
https://drive.google.com/drive/folders/15o-sA_KNrqJ1FUQPFsOrqsW7ljxbBsbI?usp=sharing
Aquí pódese consultar a listaxe de libros por cursos para o próximo curso.
Tomando en conta que nalgúns Departamentos do centro, non hai aínda profesorado nomeado para o curso que vén e noutros pode haber profesorado que non utilice os materiais establecidos polo Departamento, é importantísimo non adiantarse a mercar os libros que levan indicado o aviso non mercar ata setembro.
Tamén recomendamos prudencia cos materiais de materias optativas de 3º e 4º de ESO, o noso centro ao ser pequeno e non ter alumnado mínimo suficiente non pode asegurar a creación de grupos para todas elas, é preciso agardar a setembro para confirmar as que poderá cursar o alumnado.
Xa se poden solicitar as axudas para material escolar (o cheque) ,
O prazo remata o 21 de xuño e pódese facer a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente no IES.
Podedes consultar información máis completa pinchando na seguinte imaxe.
A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PODE SER CONSULTADA POLAS PERSOAS INTERESADAS NO IES.
FORON ADMITIDAS TODAS AS PERSOAS QUE ASÍ O SOLICITARON.
Preciosos traballos dos 3º da E.S.O. que poderedes ver no seguinte enlace.
https://www.youtube.com/results?search_query=ies+poeta+a%C3%B1on
Todos/as aqueles/as que teñan a bolsa denegada, non estean nas listaxes (clicando no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2022.html ) ou non estean dacordo coa contía teñen aberta a posibilidade de interpoñer un recurso de reposición.
PRAZO DE PRESENTACION RECURSO REPOSICION BOLSAS 22/23 CONVOCATORIA XERAL:
04/04/2023 ao 03/05/2023.
|
Pinchando na seguinte imaxe accédese á información completa sobre o proceso de admisión e as datas importantes a ter en conta.
Pinchando en cada unha das imaxes poderedes ver os magníficos cortos-entrevistas que o noso alumnado fixo sobre estes catro TALENTOS DE OUTES.
MOITÍSIMAS GRACIAS AOS CATRO POR PRESTARSE A ESTA INTERESANTE ACTIVIDADE!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |