Taboleiro

Probas libres para obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos

Publicada a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. acceso web CEOU.

EXAMES DE SETEMBRO. Curso 2016-17

Nos seguintes enlaces poden consultarse as datas e horas dos exames de setembro para ESO e para Educación Secundaria de Adultos.

Calendario de exames de setembro para ESO. enlace

DESPEDIDA do curso 2016-17

Un ano máis celebramos a despedida do alumnado que remata 4º de ESO. Boa sorte!

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

As listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 (DOG do 27/02/2017) están publicadas na páxina web da Consellería, unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria. enlace ao programa "Axudasle".

V SEMANA CULTURAL

Do luns 3 ao venres 7 de abril celebraremos a V Semana Cultural. Galería de fotos.

Seguindo o fío condutor do proxecto para este curso "Cóntame" tratamos de achegar a cultura de América, África e Asia por medio dos contos ou relatos populares. Con este obxectivo, dentro da semana cultural realizamos diversas actividades nas que poderemos ver unha exposición de publicacións de paises dos tres continentes e diversas actividades (Tríptico completo):

Concurso de relatos curtos Centro de Día de Outes.

Con motivo da celebración do X aniversario do Centro de Día e a festividade das Letras Galegas, organízase o I Concurso de relatos curtos. Pode participar neste concurso calquera relato inédito, en lingua galega, cun máximo de 1.000 palabras, que aborde esta temática. O prazo de presentación será ata o venres día 5 de Maio, no Centro de Día de Outes, ou por correo postal/electrónico. Tríptico con toda a información.

VII Concurso de relatos de inspiración científica

Este concurso de relatos de inspiración científica está impulsado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

O día 27 de febreiro saíu publicada no DOG a orde que convoca as  AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017. Acceso á web do programa de xestión "axudasle".

O prazo de solicitude é do día 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído).

Requisitos: Ter aprobadas todas as materias do curso 2015-16 e unha cualificación mínima de BEN (6) na materia de Lingua Inglesa

PLAN PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

Dentro das actividades programadas para a mellora da convivencia do centro teremos dúas charlas para todo o alumnado do centro na que abordaremos os temas do acoso escolar e a violencia de xénero.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos", axentes da Garda Civil informarán ao alumnado dos seguintes temas:

Mércores 1 de febreiro: Violencia de Xénero, para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Xoves 2 de febreiro: Acoso escolar, para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Probas de acceso a ciclos formativos para o ano 2017

Prazo de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

Powered by Drupal - Design by artinet