Aberto o prazo de matrícula para o módulo 4 de ESA

Desde o día 8 ata o 15 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para o alumnado que queira cursar o módulo 4 de Educación Secundaria de Adultos que comezará no mes de febreiro.

ABALAR DESDE O MÓBIL

Desde este curso o centro xa está inscrito no programa Abalar Móbil. Isto significa que as familias podedes descargar unha aplicación para o teléfono móbil e xa teredes acceso aos servizos do espazo abalar, como son a recepción das notas dos vosos fillos, a comunicación de faltas e outros aspectos que acordedes cos titores.

Nos seguintes enlaces tedes un díptico explicativo do proceso e un video: díptico    vídeo

Se tedes problemas podedes pasar polo IES e intentaremos resolvelas.

CONCURSO DE NADAL

Este ano para adiantar un pouco o desexado Nadal, propuxemos ó noso alumnado un concurso de recomendacións de lecturas ilustradas. O premio: Unha cesta de Nadal chea de doces e lecturas...

 

A alumna premiada foi Aline Pouso Maia de 1ºB, coa súa recomendación de "Cuando Hitler robó el conejo rosa"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

25 NOVEMBRO -e todo o ano- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25-NOVEMBRO: IES POETA AÑÓN no teatro con PEMENTEIRAS.

Hoxe 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, achegámonos á Casa da Cultura de Outes invitados polo CIM (Centro de Información á Muller) do Concello para asistir á representación da obra "PEMENTEIRAS".

Deixamos na presentación de arriba algunhas imaxes dunha actividade que invitou á reflexión e á concienciación de toda a comunidade escolar.

Aproveitamos tamén para compartir con vós unha escolma de libros e películas -en relación con esta temática- elaborada polo equipo de Biblioteca.

Obra de teatro: Pementeiras

O día 25 de novembro o noso alumnado asistirá a representación da obra de teatro Pementeiras na casa da cultura do Concello. Un ano maís realizamos actuacións para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Esta actividade está organizada polo CIM do concello de Outes e con ela pretendemos visualizar o traballo da muller que moitas veces pasa desapercibido Coñece a obra.

Presentación da curta Convidados de Pedra

 

A sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña presenta a estrea da curta "Convidados de pedra" , traballo audiovisual executado por alumnado do IES Poeta Añón, gañadores do premio do "I Concurso de Guións contra a violencia de xénero" 2014, que terá lugar este venres 20 de novembro ás 8 da tarde na casa da Cultura do Concello de Outes.

 

Axudas material escolar. 2º PRAZO

Na Orde do 6 de novembro de 2015 se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. Enlace web da CE

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 10 de  novembro).

Listaxe de películas da nosa biblioteca

Se clicas na imaxe poderás ver a listaxe completa de películas dispoñibles na biblioteca do noso centro actualizada con data de OUTUBRO de 2015

Hai máis de 600!!   ...así que xa podes animarte a pasar pola biblio e levar algunha emprestada para casa o fin de semana para compartila coa túa familia.

Axudas material escolar.

Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar para as familias con renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 5.400 €.

O prazo de presentación remata o día 1 de outubro de 2015.

Acceso a web da consellería: enlace

EXAMES DE SETEMBRO. ESA

Calendario cos exames de setembro. enlace

Prazo extaordinario de matrícula do 1 ao 10 de setembro.

Powered by Drupal - Design by artinet