FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2018-19

O pasado día 21 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 9 de maio de  2018 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS. CURSO 2017-18

Como en cursos anteriores realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos e así formalicen unha matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: LUNS 21 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: LUNS 28 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

Intercambio 2017-2018

INTERCAMBIO OUTES LUSSAC 2017-2018

 

 

Visita a Muros (Pincha aquí para o formato grande)

Aquí as fotos de parellas.

 

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2017-18

Dentro do programa Escola de Familias organizamos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a actividade "Alimentación saudable na adolescencia".

Terá lugar no IES Poeta Añón o martes 24 de abril ás 18,30 horas.

A charla será impartida por Lidia Folgar, Graduada en Nutrición humana e dietética e Máster de condicionantes genéticos, ambientais e nutricionais para o crecemento e o desenvolvemento. Autora de varios libros:"Aprender a comer solo", "La salud en tu plato". Semifinalista de Masterchef en 2016 e moi activa en redes sociais, con mais de 11,000 seguidores en Instagram.

Pensamos que é unha charla interesante que pode aclararnos moitas dúbidas sobre un tema fundamental para a saúde polo que vos animamos a participar.

23 abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Para celebrar o día enchemos a centro de novidades editoriais. Podes velas nesta guía e logo pasar pola biblioteca para levalas a casa.

VI SEMANA CULTURAL- 2018

Resumo en imaxes da nosa VI Semana Cultural.

PREMIADAS NO CONCURSO DE MICRORELATOS DE AMNISTÍA INTERNACIONAL

 

María Molinos Blanco y Sonia Freire Picallo na entrega de premios
   

 

Dúas alumnas de 4º de ESO foron premiadas nun Concurso de microrelatos co tema do Dereito a vivenda, organizado por Amnistía Internacional. Os traballos foron realizados na materia de Economía de 4º de ESO, impartida polo Departamento de Xeografía e Historia do Centro.

VI SEMANA CULTURAL

Do 9 ao 13 de abril celebraremos no IES a VI semana cultural co seguinte programa:    galería de fotos

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2017-18

Continuando coas reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Uso responsable das novas tecnoloxías. Luns 5 de marzo ás 18:30 horas.

PLAN PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

Dentro das actividades programadas para a mellora da convivencia do centro teremos dúas charlas para todo o alumnado do centro na que abordaremos o tema relacionado con consumo de drogas e alcohol.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos", axentes da Garda Civil informarán ao alumnado nas seguintes datas:

Mércores 28 de febreiro ás 10:30: para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Luns 5 de marzo ás 16:20: para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Este programa nos permite desde hai varios anos abordar co alumnado temas de gran importancia desde un punto de vista complementario á visión que podemos abordar os docentes.

Este ano incluimos no programa a actividade para as familias "Uso responsable das novas tecnoloxías" que se inclue nas actividades da Escola de Familias que iniciamos este curso.

Powered by Drupal - Design by artinet