SOLICITUDE MATRÍCULA NA ESO PARA PERSOAS ADULTAS

SE TÉS 18 OU MÁIS ANOS E NON TES A ESO, POR QUE NON SACALA NUN HORARIO QUE O TRABALLO E A TÚA VIDA CHO PERMITAN?

INFORMACIÓN SEN COMPROMISO NO PROPIO IES (MAÑÁN E TARDE), NO TELÉFONO 881866221 E NO CORREO ies.poeta.anon@edu.xunta.gal

SOLICITUDE DE PRAZA NO IES , DO 1 AO 15 DE XUÑO

Pídencho como requisito para algúns traballos, mellora o teu currículum, permíteche obter o CELGA 3, mellora a túa autoestima persoal, 

e seguro pasas unha temporada moi agradable no Instituto, como así o levan facendo outras moitas persoas antes que ti que quedaron encantadas co seu paso pola ESA.  

 

 

 

 

 

 

 

 

CONVOCADAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Ata o día 22 de xuño as familias poderán solicitar a axuda para material escolar (50 €) que a Consellería vén de publicar. 

 

  Pódese consultar a información pinchando aquí (información)

  E para acceder á aplicación Fondo libros dende a que se solicita a axuda podedes pinchar aquí (solicitude).  

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

ONTE NAS ÚLTIMAS HORAS DE CLASE O ALUMNADO ASISTIU A UN CONCERTO A CARGO DO ALUMNADO DE MÚSICA EN HOMENAXE Á FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

NORABOA A TODOS POLO TRABALLO REALIZADO!

VÍDEO CONXUNTO CEIP E IES DE OUTES!!!!!!!!

SI, ENTRE O COLE E O INSTI DE OUTES FIXEMOS UN VÍDEO PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!Risa

 

 

GAÑADORAS DO CONCURSO EMOCIONARTE

Dúas alumnas, Ximena Caamaño de 4ºB e Bruna Bianca Pinto de 3ºA foron as gañadoras do concurso EMOCIONARTE, organizado pola biblioteca neste mes de maio.

NORABOA ÁS DÚAS!!

 

EXCURSIÓN DE 1º ESO A LALÍN

Saída do alumnado de 1º ESO a ver a exposición de Laxeiro en Lalín e a visitar a Casa do Patrón en Doade (Codeseda)

    

SEMANA GASTRONÓMICA 2022

Esta semana celebramos a XII SEMANA GASTRONÓMICA no noso IES. Todos os participantes trouxeron excelentes mostras gastronómicas das súas casas, mais non pode haber premios para todos. Os tres gañadores foron...

Cunha puntuación de 9.5

1º PREMIO   LAURA LESTÓN GONZÁLEZ 1ºA

1º PREMIO  SAMUEL GARCÍA RIVAS DE 1ºA

Cunha puntuación de 8.9

2º PREMIO  LAURA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ DE 4ºA

Felicidades a todos e moitas grazas ás familias pola súa participación.

 

Iª OLIMPÍADA IUNIOR DE XEOGRAFÍA DE GALICIA

O noso centro participou, grazas á voluntariedade de sete representantes de 3º de ESO, na Iª Olimpiada Iunior de Xeografía de Galicia que se celebrou presencialmente na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. No curso pasado tamén participaron a nivel autonómico e modalidade on-line. Presentouse alumnado de dezaoito centros diferentes de toda Galicia. Ningún dos nosos representará a Galicia na olimpíada a nivel estatal pero foi un bo día de confraternización.

PARTICIPACIÓN DO NOSO IES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

PARABÉNS A IRENE, SALOMÉ, LUAR E JUDIT POR ESES ACCESITS CONSEGUIDOS NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO, 

CONCURSO NO QUE COMPETÍAN CON PERSOAS DE ATA 21 ANOS QUE ESTUDAN FOTOGRAFÍA E/OU ARTES PLÁSTICAS E AUDIOVISUAIS, 

TEÑEN MOITÍSIMO MÉRITO!!!

  

ADECUACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS Á NOVA ORDE DE AVALIACIÓN

Para acceder á adaptación da programación de cada materia á nova orde de avaliación non tés máis que pinchar no nome da materia. 

Bioloxía e Xeoloxía

Educación física

Educación Plástica e Audiovisual

Powered by Drupal - Design by artinet