ACTUACIÓN DO ALUMNADO DE 4ºESO NA FESTA DE NADAL

 

O último día de clase o alumnado de música de 4º de ESO adiantounos o nadal cunha "panxoliña".

GAÑADORAS DO CONCURSO DO MES DA CIENCIA

As alumnas Evelyn Campos Mendes de 4ºA e Andrea Fraga Fernández de 4ºB, foron as gañadoras do concurso "Curiosidades da Ciencia" organizado polo Departamento de Física e Química do centro en colaboración coa biblioteca.

NORABOA AS DÚAS

GAÑADORA DO CONCURSO DE OUTEANDO EMOSIÓNS

A alumna de 4º Ximena Caamaño Gosende ,a nosa alumna máis reincidente en gañar concursos da biblioteca, volveu arrasar no primeiro concurso da biblioteca deste curso. Parabéns para ela e ánimo para os demáis!!! A por ela, no próximo.

O NADAL CHEGOU AO IES POETA AÑÓN

Esta semana o IES inaugurou o árbol de Nadal coa axuda de alumnado de 4º de ESO.

 

 

                                                                                                                   

                                                                                                                      

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS NO IES

Do 1 ao 15 de decembro organizamos unha recollida de alimentos e produtos de hixiene para colaborar ca asociación Cáritas de Outes, que está a cargo de veciñas do Concello.

Despois de consultalo con elas, as maiores necesidades actuais son de latas de legumbres, verduras, pescado, bricks de zumo, leite, sopas, condimentos como sal, aceite, azucre, cacao e produtos navideños para que as festas poidan celebrarse en todas as casas neste Nadal.

Tamén precisan algún produto de hixiene como xel ou champú.

(Xa teñen cubertas as necesidades en pasta e galletas)

Grazas a todos e todas pola súa colaboración!

25-N ACTIVIDADE 5ªHORA

Hoxe queremos participar do conxunto de actividades que se levan a cabo nos distintos centros educativos e consellos de Galicia para sumarnos ao rechazo da violencia de xénero e do machismo.

Propóñemoste unha lectura para comezar.

A continuación gustaríanos que reflexiones coa túa clase sobre o vídeo (que atoparás no escritorio), elaborado pola biblioteca escolar e o Departamento de TIC coa colaboración de algúns de vos. Duración:10 minutos

En caso de querer algo máis recomendámoste o vídeo seguinte sobre a nova masculinidade. Duración:7 minutos

PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

 Pinchando na imaxe podedes ver as instrucións da Consellería de Educación para o reparto de máscaras.

Todo o alumnado beneficiario da axuda de material escolar vai recibir máscaras sen necesidade de solicitalas. 

O resto do alumnado que teña dereito a elas (según estes criterios) ten que solicitalas no IES e o prazo remata o 26 de novembro.

 

Renovación do Consello Escolar

Este curso toca renovación do Consello Escolar, no noso caso temos que renovar: 

4 representantes do profesorado, 2 representantes das familias e 4 representantes do alumnado

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE OS PORTÁTILES DO ALUMNADO

FOLLETO INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS SOBRE OS PORTÁTILES DO ALUMNADO

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO

Convocamos ás familias do alumnado de 1º ESO a unha reunión informativa que terá lugar este luns 13 de setembro ás 19:00h na aula de Audiovisuais do noso IES.

Powered by Drupal - Design by artinet