Skip to Content

Novas

Proxecto Edixgal

Un ano máis continuamos no Proxecto Edixgal en 1º e 2º de ESO. En Espazo Abalar pode atopar máis información sobre o proxecto E-DIXGAL e o seu desenvolvemento.

Tamén dispoñemos de información sobre o Proxecto E-dixgal no IES Perdouro.

Este ano o Folleto para as familias será accesible en formato dixital.

Matrícula ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021 (Setembro)

Prazo para a solicitude de matrícula de ESO e Bacharelato en setembro: ata o xoves día 10.

Aínda que o prazo oficial remata o día 10, rogamos a todo o alumnado que, salvo causa que o impida e ao efecto de facilitar a correcta organización do curso académico, presente a súa solicitude de matrícula respectando os calendarios e horarios que se especifican para cada ensinanza.

A continuación poden obter máis información e descargar os formularios de matrícula:

Calendario das probas extraordinarias de setembro 2020

Durante os días 1, 2 e 3 de setembro están programadas as probas da convocatoria extraordinaria de setembro. A continuación detállanse os calendarios das diferentes ensinanzas:

Fondo Libros: listaxe provisional de admitidos 2020/2021

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.

As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870102) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.

Reclamacións contra as listaxes provisionais: luns 13 e martes 14 de xullo.

Admisión ESO e Bacharelato 2020/2021: publicadas as listaxes definitivas

Alumnado admitido:

As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido están publicadas nos tabolerios de anuncios do centro educativo. As persoas solicitantes tamén poden consultar en Secretaría o detalle da puntuación recibida no baremo.

Admisión a 1º curso de ESO: resultaron admitidos os 20 alumnos/as solicitantes que figuraban na listaxe provisional.

Instrucións para a devolución de libros de texto e ordenadores

Durante os días 25, 26 e 29 de xuño e 1 de xullo recolleremos os libros de texto e outros materiais prestados ao alumnado:

  • Libros de texto do Fondo Solidario
  • Ordenadores Edixgal (2º de ESO)
  • Ordenadores e kits de conexión prestados polo IES Perdouro durante a alarma sanitaria por Covid-19

Nestas Instrucións para a devolución de libros de texto e ordenadores especifícase que materiais hai que devolver e en que datas e horas.

Retorno voluntario ás aulas do alumnado de 2º de BAC e 2º de CF

O luns, día 25 de maio, está previsto o reinicio da actividade lectiva presencial no curso 2019/2020, segundo establece a Resolución, do 22-05-2020, da Consellería e Educación.

Retórnase á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato e para os segundos cursos de Formación Profesional de grao Superior e de grao Medio. O alumnado destes cursos que decida non vir ao instituto, así como o alumnado dos restantes cursos e ensinanzas, continuará recibindo atención educativa de forma telemática.

O último día da actividade lectiva presencial será o 19 de xuño.

É fundamental que tanto o alumnado como as súas familias presten especial atención ás medidas de prevención e hixiene recollidas no Anexo da Resolución do 22-05-2020 (páxina 10 e seguintes) e que resumimos neste documento.

Novo prazo de admisión do alumnado: do 11 ao 18 de maio

Nota: Este novo prazo non é para alumnado matriculado actualmente no IES Perdouro ou no CEIP Virxe do Carme (*). Só debe presentar solicitude o alumnado doutros centros que desexa obter praza no IES Perdouro para o curso 2020/2021 e que non puido solicitala no mes de marzo por causa da alarma sanitaria. (*) Se algún alumno/a do CEIP Virxe do Carme non reservou praza en febreiro, tamén pode solicitala agora.

O Centro de Coordinación Operativa de Galicia (Cecop) tomou o acordo (Resolución do 5 de maio de 2020) de restablecer o procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, que se concreta nos seguintes puntos:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

A secretaría do centro permanecerá aberta ao público de 9:00 a 13:30 horas desde o día 11 ata o día 18 de maio.

Reunións de titoría con pais e nais o luns día 7 ás 18:00 h.

Estimadas familias:

Práceme convocalos á reunión co titor/a do seu fillo/a, que terá lugar o próximo luns día 7 de outubro ás 18 horas.

Ciclo Superior de Administración e Finanzas: Matrícula DIRECTA ata o 27 de setembro

As prazas vacantes do noso ciclo superior de Administración e Finanzas están liberadas, polo que se abre un prazo de matrícula directa ata o día 27 de setembro ás 13:00 horas.

A matrícula realizarase por orde de chegada ata esgotar as prazas, coa única condición de acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación que se indica máis abaixo.

Podes obter máis información sobre ciclos liberados no portal de FP da Consellería de Educación.

Convocatoria de ingreso escala de oficiais, suboficiais e escala oficial do corpo militar de sanidade, especialidade Medicina

O Ministerio de Defensa convoca o proceso selectivo para o ingreso nos diferentes corpos e escalas das Forzas Armadas. A convocatoria é de interese para o alumnado que finalice o bacharelato (para convocatoria de suboficiais) ou superen a ABAU (para convocatorias de oficiais).

Foron convocadas un total de 660 prazas para ingreso directo, repartidas da seguinte maneira:

Actividade "A MIÑA FILLA/ALUMNA SOFRE VIOLENCIA? Punto de encontro familias e profesorado"

Dende o IES Perdouro, en colaboración co Programa CATUXA de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes dos IES públicos da Mariña Lucense, convidamos a familias e profesorado de todos os cursos de Primaria, ESO e Bacharelato a participar na seguinte actividade:

(clic para ampliar)

A MIÑA FILLA/ALUMNA SOFRE VIOLENCIA? 
Punto de encontro familias e profesorado

Mércores 15 de maio de 2019 / 18.30 h - 20.30 h
IES Perdouro (Burela)

INSCRICIÓNS:

· programacatuxa@gmail.com
· Teléfono:  604067520
Indicando:
· Nome e apelidos
· IES de referencia
· Familiar ou docente
· Teléfono e e-mail de contacto

O IES Perdouro pon en marcha o Plan de Mellora do Éxito Escolar 2018/19 (Contratos-programa)

Vén de ser publicada a resolución dos contratos-programa 2018/2019, pola que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aproba por sexto ano consecutivo o Plan de Mellora do Éxito Escolar do noso centro, achegando nesta ocasión unha financiación de 4.900 euros.

No plan participan un total de 18 departamentos e equipos docentes do centro e desenvolve cinco actuacións das sete posibles, acadando a todo o alumnao de ESO e Bacharelato e boa parte do de Ciclos formativos e de FP Básica. A continuación detállanse as actuacións que se abordan:

FP Dual no ciclo de Mecanizado do réxime ordinario (curso 2018/2019)

A habitual volta ás aulas despois das vacacións navideñas foi neste caso unha nova experiencia formativa para tres alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro. Así pois incorporáronse o día 9 de xaneiro ao mundo laboral a través da Formación Profesional Dual. Esta modalidade de estudos pretende por un lado facer partícipe ao tecido empresarial na formación dos futuros titulados e por outro adaptar as ensinanzas de formación profesional ás demandas do mercado laboral e a realidade socioeconómica.

As empresas que firmaron acordos para esta modalidade de formación son, Hidrofersa en Viveiro, Garsán de Burela e Monra Forestal de Castropol (Asturias). Estas empresas comprométense a participar activamente na formación dos alumnos como futuros profesionais e tamén na súa avaliación ao remate da actividade formativa. Todas elas desenvolven unha actividade axustada ao perfil do ciclo de Mecanizado, contan con instalación e recursos adecuados para impartir a formación curricular e contan con personal especialista coa competencia adecuada para impartir a formación e exercer a titoría do alumnado.

Estes alumnos permanecen na empresa como beneficiarios de unha bolsa non inferior ao 50% do salario mínimo interprofesional e están dados de alta no réxime xeral da seguridade social. Formaranse nun entorno laboral real, adquirindo competencias complementarias ás curriculares, terán posibilidades de demostrar a súa valía e por tanto altas posibilidades de ser contratados pola propia empresa, e en todo caso, maior facilidade para a súa inserción no mercado laboral.
 
Os tres alumnos que se benefician desta nova oferta formativa no IES Perdouro son Walter Junior Gallardo Aldana, Michel Sow e Francisco Gómez Ginzo. (por orde de aparición na fotografía adxunta), alumnos de 2º ano do Ciclo Medio de Mecanizado.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Próxima convocatoria 2019

Nos próximos días publicarase no DOG a Orde de convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2019. Á espera desa publicación, xa podemos acceder ao borrador da Orde de convocatoria e tamén ao calendario de desenvolvemento.

Grao medio:

Distribuir contido


by Dr. Radut