Skip to Content

Actividade "A MIÑA FILLA/ALUMNA SOFRE VIOLENCIA? Punto de encontro familias e profesorado"

Dende o IES Perdouro, en colaboración co Programa CATUXA de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes dos IES públicos da Mariña Lucense, convidamos a familias e profesorado de todos os cursos de Primaria, ESO e Bacharelato a participar na seguinte actividade:

(clic para ampliar)

A MIÑA FILLA/ALUMNA SOFRE VIOLENCIA? 
Punto de encontro familias e profesorado

Mércores 15 de maio de 2019 / 18.30 h - 20.30 h
IES Perdouro (Burela)

INSCRICIÓNS:

· programacatuxa@gmail.com
· Teléfono:  604067520
Indicando:
· Nome e apelidos
· IES de referencia
· Familiar ou docente
· Teléfono e e-mail de contacto

O encontro contará coa intervención de:

  • Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense
  • Equipo CATUXA
  • Plataforma Unitària contra la Violència de Gènere (Barcelona)
  • Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo

O obxectivo é o de dotar ás familias e ao persoal docente de ferramentas de detección da violencia de xénero que sufran ou que poidan sufrir no futuro as rapazas adolescentes e como actuar.

Os últimos datos sinalan que nos atopamos ante un “brote” da violencia de xénero entre os e as menores de idade. É de vital importancia dispor de recursos que permitan a detección dos primeiros síntomas de que a violencia se está producindo, co obxectivo de previr casos de maior gravidade. É preciso, neste sentido, saber recoñecer todo tipo de violencias (non só as físicas), o cal non sempre é sinxelo. Poremos atención ás dificultades que presenta a detección da violencia en menores de idade, xa que en moitas ocasións pasamos por alto sinais que atribuímos á adolescencia.



page | by Dr. Radut