Skip to Content

Matrícula ESO e Bacharelato para o curso 2019-2020 (Setembro)

Prazo para a solicitude de matrícula de ESO e Bacharelato en setembro: ata o martes día 10.

Aínda que o prazo oficial remata o día 10, rogamos a todo o alumnado que, salvo causa que o impida e ao efecto de facilitar a correcta organización do curso académico, presente a súa solicitude de matrícula con anterioridade ás 13:30 horas do luns día 9.

A continuación poden obter máis información e descargar os formularios de matrícula:

 

Matrícula ESO:

Alumnado que debe matricularse no período extraordinario (setembro):

  • Alumnado que participou na convocatoria extraordinaria de setembro
  • Alumnado que por outras razóns non se matriculou no período ordinario de xuño-xullo

A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en ESO

Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.

Formularios de matrícula:   1ºESO,   2ºESO,   2ºESO-PMAR,   3ºESO,   3ºESO-PMAR,   4ºESO

Seguro Escolar. Ao acceder por primeira vez ao 3º curso de ESO, o alumnado deberá comezar a pagar o Seguro Escolar (1,12 euros por cada ano académico). Na actualidade xa non é necesario que o alumnado dispoña de NUSS (Número da Seguridade Social) para ser beneficiario do seguro escolar. Se o desexa, acceda a máis información sobre o seguro escolar.

 

Matrícula BACHARELATO:

Alumnado que debe matricularse no período extraordinario (setembro):

  • Alumnado que participou na convocatoria extraordinaria de setembro
  • Alumnado que por outras razóns non se matriculou no período ordinario de xuño-xullo

A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en Bacharelato

Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.

Formularios de matrícula1ºBAC,   2ºBAC

 

Normativa:

Normativa básica da ESO e o Bacharelato en Galicia

Continuidade entre materias do Bacharelato

Guía da LOMCE: normativa básica e currículos das materias

 



page | by Dr. Radut