Skip to Content

Viaxe a Sargadelos e San Cibrao (17-01-2020)

A primeira parada na nosa viaxe foi en Sargadelos onde visitamos o antigo complexo industrial, o cal albergaba unha fábrica de siderurxia e outra de cerámica. Dúas fabricas máis, unha de productos téxtiles e outra de vidro completaban o proxecto de Antonio Raimundo Ibáñez, dono do complexo, aínda que estas últimas non chegaron a materializarse polo asasinato do seu dono. Ibáñez, nacido en Asturias, traballaba durante a súa mocidade na casa comercial Guimarán en Ribadeo. Ali comezou a forxar a súa fortuna investindo os cartos do amo en aceite, o cal tamén o levaría ó despido, por realizar este acto sen consentimento dos seus superiores. Durante os seguintes anos casou e seguiu aumentando o seu capital ata 1796 cando abriu a súa primerira fábrica, a siderúrxica, á que lle seguiría a de céramica uns anos despois.
(...) A segunda e última parada na nosa visita foi San Cibrao,  seguir lendo a crónica de Ana Neira Cociña - 4º ESO B no blogue de Perdourando.


page | by Dr. Radut