Eventos
Ven | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 21/02/2020 12:40
End: 21/02/2020 14:20
[CARTEL DO CONCURSO] CONCURSO DE DISFRACES PARA O DÍA 21 DE FEBREIRO. TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época. MODALIDADES: -comparsas ( por grupos clase) -individuais DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado HORARIO: 12:40h ata 14:20h LUGAR: salón de actos OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro. ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as. CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS.
O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso) Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último, parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE. FELIZ ENTROIDO A TODOS E TODAS!
|