Skip to Content

CELEBRAMOS O ENTROIDO: A MULLER NA SOCIEDADE DA SÚA ÉPOCA

21/02/2020 12:40
21/02/2020 14:20

Cartel - bases do concurso

[CARTEL DO CONCURSO]

Para o cartel utilizáronse imaxes gratuítas de Canva, de Pixabay, da Wikipedia e de dominio público.

CONCURSO DE DISFRACES PARA O DÍA 21 DE FEBREIRO. 

TEMÁTICA: A muller na sociedade da súa época. 

MODALIDADES: 

-comparsas ( por grupos clase) 

-individuais 

DESTINATARIOS/-AS: todo o alumnado 

HORARIO: 12:40h ata 14:20h

LUGAR: salón de actos 

OBSERVACIÓNS:data límite para achegar a información solicitada, 14 de febreiro.

ORGANIZA: depto. orientación, vicedirección e aberta a todos/as.  

CHEGOU O DÍA E FOI COMO ESPERABAMOS: ALEGRÍA, HUMOR, DIVERSIÓN, COMPAÑEIRISMO UNÍRONNOS A TODOS E A TODAS. 

 

       Presentadoras do festival           lema da comparsa gañadora

O xurado decidiu que a gañadora fora a comparsa, "musas gregas, deusas romanas e sacerdotisas exipcias", 1ºESOB (grazas  Manuel polo traballo realizado en titoría e parabéns a todo o alumnado dese curso)

    Membros do xurado   Comparsa gañadora

Agrademos a colaboración do departamento de imaxe persoal (alumnado -2ºfpbásica e ciclos- e profesorado) por maquillar os/as participantes no festival e facelos aínda máis protagonistas nas  súas actuacións. Tamén a todas as persoas que axudaron a que o alumnado vivira uns momentos inesquecibles. E por último,  parabéns a Aroa, presentadora do festival polo seu bo facer, e a Noa por levar o mantemento informático dun xeito maxistral. E COMO NON, A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU, PORQUE FOI O QUE FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE. 

FELIZ ENTROIDO A TODOS E TODAS! 


VÍDEOS DO CONCURSO
ENTROIDO 2019/2020
21 de febreiro de 2020

Presentación

Comparsa 1º ESO-B

Deusa Hathor

As musas gregas

Os deuses e os heroes

As 9 musas gregas

Unha carta para tod@s

Parabéns a 1ºB

Baixo o título ANIMAIS

Comparsa M&M's

Pink Ladies

Os unicornios
Actuacións fóra de concurso

Dúas voluntarias

Flamenco en vivo
Comparsa gañadora no fin de festa


event | by Dr. Radut