Comisión de convivencia
COMISIÓN DE CONVIVENCIA DO CENTRO
A Comisión de convivecia ten as seguintes funcións:
-
A participación na dinamización do Plan de Convivencia do Centro e na mediación escolar.
-
A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflictividade no seu ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel Centro. Este informe será trasladado ao Observatorio de Convivencia Escolar a nivel provincial.
-
Informar trimestralmente ao Consello Escolar.
-
Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados relacionados coa mellora do clima de convivencia.
-
Propoñerlle á Administración educativa todas aquelas medidas que se consideren oportunas para a mellora da convivencia escolar no Centro.
-
Aqueloutras que a propia Administración ou o Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial lle poidan encomendar.