FOLGA TRANSPORTE

IMPORTANTE

Informan dende a Consellería que mañá e pasado (20 e 21 de xuño respectivamente) está convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Os servizos mínimos garanten a circulación do autobús da ruta de San Vicente, pero non se pode asegurar de antemán a das rutas de Terra de Porto e Porto Meloxo (con paradas en O Con, Boibas, Virxe das Mareas e Porto Meloxo). Non temos información sobre se os dous autobuses anteriores farán o seu percorrido ningún dos dous días.

A información sobre os servizos mínimos atópase na seguinte páxina:

Servizos mínimos de transporte escolar os días 20 e 21 de xuño de 2017