Bases do concurso de logotipos

O título é: A primeira década do século XXI. E aquí tes os participantes:


 


BASES


 



  1. O logotipo terá que presentarse nun DIN A-5 (medio folio)

  2. Admítese todo tipo de material

  3. TEMA: “A primeira década do século XXI”

  4. Pódese entregar en papel ou en soporte dixital.

  5. Podes entregalo ata o 12 de DECEMBRO.

  6. Ponlle o teu nome completo e o teu grupo.

  7. Podes entregalo en secretaría durante os recreos ou a Josebe.

  8. Se necesitas algún tipo de axuda diríxete a Josebe, e para ver logotipos busca na web imaxes, atoparás moitos. 

  9. PREMIO: Vale de 60 euros para gastar en tendas do Grove.

 


Consellos para crear un bo logotipo


·         Non uses nunca máis de 3 cores.


·         Desfaite de todo o que non resulte absolutamente necesario. A simplicidade é a clave cando se trata de logotipos.


·         Escolle unha fonte tipográfica que poida ler todo o mundo.


·         Procura que o logotipo sexa fácil de recoñecer e que familiarizarse con el resulte doado.


·         Crea unha única forma ou deseño xeral para o logotipo.


·         Confirma que o logotipo resulta atractivo polo menos para 3 ou máis persoas.


·         Non combines nin reutilices elementos de outros logotipos populares e pretendas facelo pasar por un traballo orixinal.


·         O logotipo deberá verse ben en branco e negro.


·         Comproba que o logotipo segue a ser recoñecible cando invertes as cores.


·         Comproba que o logotipo permanece recoñecible cando cambias as súas dimensións.


·         Se o logotipo inclúe algunha icona ou símbolo ademais de texto, colócaos de xeito que cada un complemente o outro.


·         Evita copiar e seguir as tendencias recentes en canto a logotipos. En vez diso, procura deseñar un logotipo que poida resistir o paso do tempo ou que teña un look atemporal.


·         Non uses efectos especiais (como por exemplo: degradados, sombras paralelas, reflexos e escintilamentos de luz).


·         Fai que o logotipo encaixe dentro dun marco cadrado ou rectangular se é posible e evita os deseños oscuros.


·         Evita detalles intrincados.


·         Ten en conta no teu deseño os diferentes lugares e maneiras nas que se presentará o logotipo.


·         Sé consciente de que non vas deseñar un logotipo perfecto, é imposible.


·         O logo debe ter algunha conexión co que representa.


·         Unha foto non é un logo.


·         Tes que sorprender a todos cando llelo presentes.


·         Cada elemento do logo necesita estar aliñado. Esquerda, dereita, centrado, arriba ou abaixo.


·         Antes de comezar a desenvolver ideas para o logotipo, pensa un pouco nos destinatarios aos que vai dirixido.


·         O logotipo debe seguir a ser recoñecible cando o poñas fronte a un espello.


·         Mesmo as grandes compañías necesitan logotipos pequenos, ten isto sempre presente.


·         Debe de gustar a todo o mundo, non só a un grupo concreto.


·         Crea variacións. Cantas máis variacións fagas do mesmo logotipo, máis te acercarás ao resultado que buscas.


·         O logotipo ten que ser sinxelo de describir.


·         Non utilices slogans ou taglines no logotipo


·         Plasma algunhas ideas en papel antes de empezar a traballar diante do ordenador.


·         Mantén o deseño simple e limpo.


·         Non uses no logotipo símbolos do tipo “swoosh” (como o logo de nike) nin “globos terráqueos”, están demasiado vistos. Aparecen en infinidade de logotipos e xa se abusou tanto deles que o único que conseguirás será un logo pouco orixinal e cansino.