Curtametraxe que presenta un futuro distópico para reflexionar sobre a "humanidade" das emocións. Ficha técnica / Dossier
XMILE é un proxecto humanista. Unha reflexión sobre cómo o ser humano podería dixitalizarse ata un punto no que os sentimentos e o cariño se convirtan en formas superficiais de comunicación a través de redes sociales e apps.
A incorporación dos cinco sentidos en XMILE foi o punto de partida para que o proxecto se fixera accesible para persoas con discapacidades visuais e auditivas, achegándonos ao deseño audiovisual para todos e todas. Acceso a versión audiodescriptiva.
O vídeo está suxeito a dereitos de autor e non pode facerse público neste espazo web. O profesorado interesado no seu visionado e que non teña acceso a través da Plataforma Platega pode facelo na aula virtual no espazo de orientación - Aulas I + I
Unha proposta didáctica de Educación para o Desenvolvemento baseada nunha curta de Javier Fesser, nomeada aos Oscar no 2007, que permete traballar a discriminación de xénero e facer unha reflexión sobre as situacións de desigualdade.
"Pubertet" é un programa sobre "Educación sexual" producido pola televisión de Noruega na que, utilizando modelos reais, ensina aos adolescentes as partes do corpo e as modificacións que se producen ao chegar a puberdade. Os contidos explícitos son obxecto de polémica cando mais nunha sociedade que abandonou hai anos a educación afectivo-sexual do currículo da escola. Deixo o enlace aos 8 capítulos subtitulados en castelá para quen queira facer uso deles.