A Consellería de Educación ven de facer pública a Orde do 2 de marzo de 2021 na que se regula o proceso de reclamación das cualificacións da ESO e Bacharelato.
O Proxecto "Melllora" de Alar-Galicia está dirixido a mulleres en risco de exclusión social. Pretende favorecer a inserción sociolaboral a través da orientación, acompañamento, apoio psicolóxico, mellora de capacidades, formación, sondaxe de empresas e mediación laboral.
Contidos web da pedagoga menstrual Erika Irusta. Esta muller comezou a investigar a menstruación e fixo unha páxina web, el camino rubí que axiña tivo moreas de fans querendo saber máis sobre todo o que Irusta explicaba. Todo empezou para ela cando se deu conta de que as mulleres só prestaban atención ao seu corpo cando quedaban embarazadas, pero non antes. "As mulleres non somos conscientes do noso ciclo hormonal e hai unha desconexión total no corpo da muller: entre o que pasa pescozo cara abaixo e o que pasa no seu cerebro".
App para móviles "Libres" dirixida a mulleres que sofren ou sofriron violencia de xénero e a calquera persoa que detecte no seu entorno unha posible situación de maltrato.
O espazo web EDUCONVIVES, da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, recolle protocolos de actuación e orientacións para a intervención de cara á prevención e a resolución de diferentes situacións vencelladas á comunidade educativa.