Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Lingua galega e literatura

#DetrásdoMostradorClarexaoCeo SOLUCIONARIOS SEMANA 12

Ola!

Despois de doce semanas de traballo seguido, hoxe deixámosvos as solucións dos derradeiros exercicios deste curso para que os corrixades. 

Moitas grazas a todas e todos os que cada semana estivestes aí, facendo as tarefas nas circunstancias que todos coñecemos, ten moito mérito.

Seguimos en contacto por correo electrónico para calquera tipo de información que vos teñamos que dar e para calquera dúbida que teñades que consultar.

Bo traballo!

 

#DetrásdoMostradorClarexaoCeo SOLUCIONARIOS SEMANA 11 E TAREFAS SEMANA 12

Bo día. Comezamos mes. Ánimo, que xa quedan poucas tarefas por facer. Nos arquivos están as solucións das que fixestes esta semana e as actividades para a que entra.

Un saúdo!

#DetrásdoMostradorClarexaoCeo SOLUCIONARIOS SEMANA 10 E TAREFAS SEMANA 11

Ola a todas e todos:

Coma sempre, nos arquivos cos niveis tedes as solucións das tarefas desta semana e no último, as tarefas para a seguinte.

Pasade unha estupenda fin de semana.

 

#DetrásdoMostradorClarexaoCeo SOLUCIONARIOS SEMANA 9 E TAREFAS SEMANA 10

Ola! Como vos foi co escape room? Aquí vos van os solucionarios e mais as tarefas para a próxima semana. A ver que tal vos saíu o cuestionario.

Pasade unha estupenda fin de semana e usade a máscara.

#DetrásdoMostradorClarexaoCeo SOLUCIONARIOS SEMANA 8 E TAREFAS SEMANA 9

Para festexar estas Letras Galegas tan peculiares coma as que deste ano, temos unhas propostas que vos van gustar, que vos parece un escape room? Non tedes máis que ollar no arquivo das tarefas, despois coma sempre, tedes os solucionarios desta semana para que corrixades vós mesmos os traballos que realizastes esta semana.

Feliz Semana das Letras Galegas!

 

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 8

Ola a todos e todas. Como vos están a sentar os paseos? 

Tedes nos arquivos de abaixo as solucións ás actividades desta semana para que as autocorrixades na 1ª sesión da que vén e mais as novas tarefas. Un saúdo radiante e enerxético!

  

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 7

Moi bo día:

Xa tedes nos arquivos as solucións ás tarefas desta semana e unhas poucas máis para a vindeira. Coma sempre, lede ben as instrucións por se tedes que nos mandar ou non algunha. Pasade unha boa ponte e ánimo, que pouco a pouco imos saíndo desta!

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 6

Bo día a todas e todos:

Xa tedes nos arquivos de abaixo as solucións ás tarefas que estivestes facendo esta semana así como as novas actividades para a que vén. Lembrámosvos que mañá día 25 é o último día para que entreguedes a tarefa pendente desta semana. Terédesnos que enviar outra para a semana que vén, xa volo indicamos no arquivo "Tarefa Semana 6". 

Máis forza, que a cousa vai mellor!

#MiñacasiñaMeular SOLUCIONARIO E NOVAS ACTIVIDADES SEMANA 5

Boa tarde:

Nos arquivos tedes á vosa disposición os solucionarios por nivel das actividades que vos mandamos esta semana e as novas tarefas para a que vén. Como novidade tedes que enviarnos algunhas delas resoltas por correo electrónico. Xa vos indicamos cales son no arquivo de Actividades Semana 5.

Estes son os nosos correos:

Juncal: juncaleiras@gmail.com

Inma: galegoleiraspulpeiro@gmail.com

Teresa: falopalugo@gmail.com

Esperanza: leiras.galego@gmail.com

Belén: eunfalar@gmail.com

Coma sempre, moita forza e un sorriso 

#MiñacasiñaMeular ACTIVIDADES SEMANA 4

Ola de novo:

Mandámosvos nos arquivos unhas novas tarefas para que as vaiades facendo nesta semana. Se aínda non corrixistes as anteriores, aproveitade a primeira sesión para facelo cos solucionarios que vos colgamos o venres antes de Semana Santa.

Nestes días habemos de recibir instrucións sobre a 3ª Avaliación. Non vos preocupedes que vos teremos informados e todo irá ben.

Aproveitamos que hoxe 13 de abril é o Día do Bico para enviármosvos un ben forte de ánimo de parte de todo o Departamento. Seguide así!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut