Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

ALUMNADO DE MARÍA ( 3ºESO, 4º ESO E 1ºBAC)

Moi boas;

   Por se houbera algún malentendido coas fichas correxidas para a vosa autoavaliación, quero aclarar, que esa autoavaliación é unicamente orientativa, de ningún xeito se trata dun exame. A miña intención é unicamente que vos teñades unha referencia de como ides na materia e non vou usar esa nota de ningún modo para a vosa media. Se nalgún momento vos pido a nota dalgunha ficha  será exclusivamente para facerme unha idea dos contidos que debo traballar máis ou os que están xa perfectamente asimilados e non precisan reforzo. De feito, se algún alumno non quere poñerse nota non pasa nada , que se limite a correxir o exercicio e punto. Esa nota, repito, non ten valor académico.

   Por outro lado, como é posible que haxa algún terceiro da ESO co que vaia con certo retraso na materia, polas causas que fosen, se nalgún momento aparece nas fichas materia que aínda non viramos na clase, simplemente saltade esa parte e facede aqulas actividades que sí poidades facer.

    Tamén quero recordar que as fichas son unha axuda para vos, non son deberes nin traballo que teñades obrigatoriamente que facer. As facedes cando queirades, as correxides e valorades se queredes ter unha idea do voso nivel e en ningún momento as vou utilizar como material avaliable.

Calquera dúbida ou pregunta atendereina sen problema  a través do meu correo.

Un saúdo.

María.



story | by Dr. Radut