Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Programa de radio en Italia polo alumnado Erasmus (18-04-2023)

Programa de radio feito en Ostia durante a movilidade de Erasmus+.

Publicado en Radio Zaitime.

Enlace á web da radio: https://www.radiozai.net/podcast/puntata/20523015/Zai-time-115

 

Feira de Primavera 2023

O curso pasado celebramos a nosa primeira Feira de Primavera cun conxunto de actividades, que non interrompen o horario lectivo, coas que se pretende fomentar o desenvolvemento de sesións ao aire libre utilizando o noso patio e o noso xardín como espazos de uso didáctico no exterior. Ademais conectámolo coa nosa liña educativa de promoción de hábitos de vida saudable, cos proxecta+ Aliméntate Ben e Xogade, e, nesta ocasión, coa celebración do día das Letras Galegas.

Este ano, escollimos a semana do 15 ao 19 de maio para a Feira e armamos un programa diverso que vos presentamos a a continuación.

Durante o período de lecer:

Durante as sesións lectivas:

Ademais convocamos os seguintes concursos:

 Esperemos que o bo tempo acompañe nestes días nos que expandimos as nosas aulas.

 

 

Excursión a Manzaneda

 O noso alumnado de 1° da ESO xa en Manzaneda disfrutando destas xornadas de natureza, deporte e convivencia.

Un luxo poder contar no noso centro con profesorado disposto a ofrecer este tipo de actividades, onde se traballan tantas competencias e se fomentan relacións de compañerismo e amizade.

Participación na Olimpiada Matemática 2023

Nos últimos anos, o noso alumnado ten demostrado o seu talento matemático en diferentes actividades a nivel provincial, autonómico e incluso estatal.

Nesta ocasión, tocoulle o turno a un grupo brillante de 2º da ESO que representou ao noso centro na Olimpiada Matemática Infantil de 2023.

Parabéns a Laura, Inés, Carla, Sara, Iago, Reda, Yago e Miguel que viron recompensado o seu traballo e o seu talento no Círculo das Artes, e a todos/as aqueles/as que día a día vos esforzades en mellorar nesta disciplina apaixoante e universal como é a das Matemáticas.

Folga de Transportes

A partir do 8 de maio está confirmada unha Folga indefinida no sector do transporte que pode afectar ás rutas do transporte escolar que dan servizo ao alumnado do noso centro educativo.

En principio o transporte escolar forma parte dos servizos mínimos na dita folga, pero no noso caso, ao funcionar integrado dentro expedicións regulares, pode verse afectado.

Os servizos mínimos veñen regulados pola Orde do 21 de abril, concretamente no anexo II, onde constan os identificadores das nosas liñas que son XG890003, XG890004 e XG890005.

Con todo, noutras ocasións téñense producido incidencias e aínda que xa foron trasladadas á Administración, pedimos que, na medida do posible, fagan previsión desta posibilidade.

Galegas senlleiras (04-05-2023)

Bolsas alumnado NEAE

Xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC para o alumnado de necesides específicas de apoio educativo (extracto no BOE do 26 de abril) .

O prazo para facer a solicitude é dende o día 8 de maio e ata o 20 de setembro

Venres Musicais - Autolindulgencia II (28-04-2023)

Programa variado al estilo Félix

Dirección: Félix
Locutores: Alexandre, Félix, Eva, Carla, Judith, Samuel, Sina
Control: Xabi

2 de maio, día non Lectivo

Lembramos que por decisión do Consello Escolar o día 2 de maio de 2023 será día non lectivo.

As clases reaunadaranse o día 3 de maio con normalidade.

 

Novo Glosario Caló - Galego

Xa temos glosario Caló-Galego froito da diversidade lingüística do noso centro educativo e da iniciativa das profesoras Concha Diéguez e Belén Martín.

Durante estas últimas semanas estivemos traballando duro en atopar equivalentes lingüísticos en lingua galega a palabras ou frases que o noso alumnado considerou relevantes na lingua caló, propia do pobo xitano.

A nosa comunidade xitana é maioritariamente descendente dunha parella, María Camacho e Manuel Montoya, que chegou a Lugo a principios do século XX, polo que garda unha riqueza lingüística especial que cómpre partillar e promover como un valor educativo.

O grupo de alumos e alumnas formado por Samuel Barrul Barrul, Grisela Jiménez Montoya, Antonio Montoya Montoya, Israel Montoya Montoya, Jénifer Cortiñas Gabarri, Miriam Jiménez Montoya, José Francisco Montoya Díaz, Emilio Barrul Barrul, Isaac Gabarri Cortiñas, Salvador Antonio Montoya Montoya, Yanira Jiménez Cortiñas e Susana Cortiñas Gabarri é o responsable deste orixinal traballo que con certeza, contribuirá a difundir a cultura xitana dentro do contexto galego.

Todos os parabéns da nosa comunidade educativa!

Distribuir contido


by Dr. Radut