Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

Horario de Entrega de Notas

O luns 27 de xuño entregaranse os boletíns de notas das avaliacións finais da ESO e extraordinarias de BAC.

Os horarios son os seguintes:

  • 10h Extraordinaria Bacharelato
  • 10:30h 4º da ESO
  • 11h 3º da ESO
  • 11:30h 2º da ESO
  • 12h 1º da ESO

A entrega dos boletíns realizarase nas aulas de referencia de cada grupo.

A partir das 10h estarán tamén dispoñibles on-line en Abalar e no curso Administración Alumnado da Aula Virtual.

Recuperación de materias no mes de xuño 2022

Na semana do 6 de xuño terá lugar a terceira avaliación, momento no que o equipo docente elaborará un informe individualizado coas materias non superadas para cada alumno/a da ESO. Dito informe estará accesible na nosa aula virtual no curso Administración Alumnado xunto ao boletín de notas.

Durante o mes de xuño, en cada materia, faranse actividades para recuperar antes da avaliación final.

 

 

Tamén podes consultar nos seguintes anexos os instrumentos de avaliación a aplicar por cada departamento.

 

Graduación 2ºBAC

 

Lembranzas dun día moi especial.

Quero agradecer a colaboración de todos, dende Iván e Cristina polos seus discursos, Nuria pola presentación, Manuel polo discurso, José Antonio polo vídeo, Antón e o seu grupo "Foolans", todo o equipo de decoración, que o curraron moito e quedou coma nunca, e o equipo técnico de imaxe e son, que sen eles non sería posible a emisión do vídeo.

 

 

SARA NOGUERAS PORTO, DE 2º DE ESO, SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ EN DISTANCIA LONGA

Esta fin de semana celebrouse en Antequera o Campionato de España Escolar de Orientación.

A nosa alumna Sara Nogueras Porto (2º ESO) participou nesta competición como compoñente da Selección Galega en categoría infantil proclamándose Subcampioa de España en distancia longa e conseguindo un excelente cuarto posto na clasificación xeral das tres distancias (longa, media e sprint).

Noraboa pola participación e polos excelentes resultados, a seguir traballando, aprendendo e disfrutando do deporte!!!

 

Mural Homenaxe a Reimundo Patiño

A iniciativa da Área de Cultura da Deputación de Lugo pintouse no centro un mural en homenaxe ao ilustrador Reimundo Patiño ao que se lle adica este ano o Día da Ilustración. A obra, a cargo de Concepto Circo con deseño de Iván Mouronte, rematouse o 7 de abril entre o cedro e o balaústre do muro que linda co CEIP de Casás.

Reimundo Patiño nado na Coruña o 8 de marzo de 1936 foi un pintor e debuxante de banda deseñada galego. 

Comezou no informalismo, e evolucionou cara ao expresionismo, o surrealismo e, na década dos oitenta, o neoexpresionismo. Nos seus cadros pódese observar un caos cheo de cor, e a forma non se aprecia facilmente. Foi membro dos grupos Brais Pinto, A Gadaña e Atlántica. En 1971 realizou a exposición O home que falaba vegliota, composta por enormes páxinas de banda deseñada. En 1975 publicou, con Xaquín Marín, 2 Viaxes, primeiro álbum galego en banda deseñada. 

Agora, este mural inspirado na súa obra, aluma e dá vida e cor ao patio do noso centro educativo. 

 

Educación Cívico-Tributaria para o Alumnado do Bac. de CCSS

O mércores 6 de abril recibimos a visita de Mercedes Burgo e Miguel Alegría, técnica de Inspección da Axencia Tributaria a primeira e axente de Aduanas o segundo. Impartiron tres charlas ao alumnado dos primeiros e segundos cursos do bacharelato de Ciencias Sociais onde repasaron o sistema tributario español e explicaron a importancia que teñen os impostos para o mantemento da sociedade do benestar nos estados modernos. Non faltaron alusións á actualidade como o tratamento da repercusión do recente traslado a Andorra de varios youtubers na procura de beneficios fiscais.

Pese a que pode parecer unha temática de carácter moi técnico, o noso alumnado mostrouse moi interesado durante as ponencias e lamentou que non houbera tempo para máis. Estamos seguros de que cando prosperen, non decidirán trasladarse Andorra e contribuirán a fortalecer o sistema público que nos dá ensino, sanidade e infraestruturas para todos.

 

Becas para estudos post-obrigatorios

Acaban de saír, este ano con varios meses de adianto, as becas para estudantes de bacharelato de cara ao curso 2022/23.

O prazo de solicitude está aberto entre o 30 de marzo e o 12 de maio de 2022.

 Podes consultar toda a información neste enlace: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-7804

Programa de Charlas Científicas

Durante as próximas semanas teremos a honra de contar no noso instituto coa presenza de investigadores/as das 3 universidades galegas que nos achegarán aspectos prácticos e actuais das diferentes áreas científicas. Trátase de reforzar os contidos traballados día a día nas nosas aulas, achegar un enfoque diferente dende o ámbito universitario e coñecer a especialistas de prestixio que, sen dúbida, exercerán inspiración no noso alumnado.

Data Hora Sala Curso Materia Área Poñente Universidade
4 de marzo Todo o día IGFAE (USC) 2º BAC Física Fís. de Partículas Varios Poñentes USC
10 de marzo 9:20h-10:10h Salón de Actos 4º ESO Bio – FeQ Fisioloxía M.ª Carmen Rodríguez USC
18 de marzo 12:20h-13:10h Salón de Actos 1º BAC Cultura Científica Paleontoloxía José B. Díez Uvigo

1 de abril

29 de abril

9:20h-11:00h Aula 0.04 1º BAC Bioloxía Neurociencia Casto Rivadulla

UDC

4 de abril 12:20h e 13:20h Aulas 0.05 e 0.10 1º e 2º BAC MAT I e Métodos Mat. Aplicada Iván Area

Uvigo

6 de abril 13:10h-14:00h Aula 1.09 4º ESO Inglés/Latín Comunicación Pablo Romero

Uvigo

6 de abril 11:30h e 12:20h Aulas 0.05 e Salón de Actos 1º e 2º BAC Mat Apl. ás CSS I, II e Economía I Economía Técnicos AEAT AEAT

25 de abri

23 de maio

11:30h e 12:20h Salón de Actos 3º ESO BIO, XeH, EF Biomedicina Sonia Souto UDC
13 de maio 12:20h Salón de Actos 1º BAC Cultura Científica Neuroloxía Mª Carmen Vale USC

 

Charla de Mª Carmen Rodríguez sobre plantas tranxénicas e medicamentos:

Charla de José Bienvenido Díez sobre fósiles:

Charla de Iván Area da Universidade de Vigo sobre as Matemáticas do COVID

Admitidas todas as solicitudes de reserva para 1º da ESO

De conformidade coa normativa en materia de admisión de alumnado nos centros docentes, facemos público que foron admitidas todas as solicitudes de reserva achegadas desde os centros adscritos CEIP Casás e CEIP Menéndez Pelayo para o curso de 1º da ESO no período 2022/2023.

Desfile de Entroido

Como cada ano, chega o noso tradicional desfile de Entroido, con todos os ingredientes propios desta data: gran participación, comparsa do profesorado, chocolatada da ANPA e diversión asegurada. Apúntate nalgunha das tres categorías propostas!

PROGRAMA

08:30h-11:00h Sesións lectivas con normalidade.
11:00h-11:30h Período de lecer.
11:30h-12:00h O alumnado poderá prepararse para o desfile nas aulas onde teña clase nese momento. 
12:00h Desfile de Entroido no patio. 

  • Dará comezo coa comparsa do profesorado.
  • Será conducido polas alumnas María Azargui e Nerea Fernández Domínguez.
  • O xurado estará presidido pola profesora Ana Belén Somoza.
  • Xabi Díaz dirixirá a cobertura do evento para LeirasTV.
  • A ANPA ofrecerá chocolate para todos.

 

13:30h Entrega de premios.
14:00h Saída.

Distribuir contido


by Dr. Radut