Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Mural Homenaxe a Reimundo Patiño

A iniciativa da Área de Cultura da Deputación de Lugo pintouse no centro un mural en homenaxe ao ilustrador Reimundo Patiño ao que se lle adica este ano o Día da Ilustración. A obra, a cargo de Concepto Circo con deseño de Iván Mouronte, rematouse o 7 de abril entre o cedro e o balaústre do muro que linda co CEIP de Casás.

Reimundo Patiño nado na Coruña o 8 de marzo de 1936 foi un pintor e debuxante de banda deseñada galego. 

Comezou no informalismo, e evolucionou cara ao expresionismo, o surrealismo e, na década dos oitenta, o neoexpresionismo. Nos seus cadros pódese observar un caos cheo de cor, e a forma non se aprecia facilmente. Foi membro dos grupos Brais Pinto, A Gadaña e Atlántica. En 1971 realizou a exposición O home que falaba vegliota, composta por enormes páxinas de banda deseñada. En 1975 publicou, con Xaquín Marín, 2 Viaxes, primeiro álbum galego en banda deseñada. 

Agora, este mural inspirado na súa obra, aluma e dá vida e cor ao patio do noso centro educativo. 

 



story | by Dr. Radut