Lingua galega
Imaxes e audio do intercambio entre o Indalecio e Vila Real
Enviado por anonimo o Mar, 10/05/2022 - 13:18Como xa sabedes, este ano o profesorado de portugués do Departamento de Lingua Galega e Literatura desenvolveu un intercambio entre o noso alumnado e o Colégio Camilo Castelo Branco de Vila Real. Premede na imaxe que vén a continuación para ver as imaxes do evento:
A través desta outra ligazón poderedes escoitar a explicación desta actividade na radio:
Visita a Rianxo e Vilanova de Arousa
Enviado por anonimo o Ven, 22/04/2022 - 12:19O pasado 20 de abril o noso alumnado de 4º ESO foi a Rianxo e Vilanova de Arousa. Entre outras cousas, fixeron a rota dos escritores rianxeiros e visitaron a casa-museo de Valle Inclán. Pódense ver as fotos do evento pinchando na imaxe que figura a continuación:
Fotos do obradoiro de xoguetes tradicionais
Enviado por anonimo o Lun, 28/03/2022 - 10:30Pincha o cartel da actividade para ver as fotografías do obradoiro de xoguetes tradicionais organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura:
Saída aos muíños de Tripes: alumnado de 1º FP Básica
Enviado por anonimo o Xov, 18/11/2021 - 12:42O pasado martes 16 de novembro o noso alumnado de 1º FP Básica realizou a ruta dos muíños do Tripes. Pinchade na seguinte ligazón para ver as espectaculares imaxes da contorna de Tui:
Libros de lectura obrigatoria 2021-2022. Departamento de Galego
Enviado por anonimo o Xov, 21/10/2021 - 11:27Coma todos os anos, o departamento de Lingua Galega e Literatura dá a escoller tres libros destas listaxes ao seu alumnado como libro obrigatorio trimestral. Pinchando nas ligazóns, pódense consultar estas listaxes:
|
|
|
Concerto de Tino Baz
Enviado por anonimo o Ven, 28/05/2021 - 10:37O pasado 26 de maio de 2021 tivemos a sorte de contar coa presenza de Tino Baz, cantautor que fixo un concerto para o noso alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato. Estamos moi agradecidos a Tino por prestarse a vir ao noso centro e esperamos que desexe volver no futuro e volver a actuar para os nosos alumnos/as: