Convocatoria PRACTICUM DEPO 2021 (ErasmusPRO)

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2021.

1.      

Características da mobilidade

Mobilidade de longa duración para alumnado recentemente titulado a realizar durante o curso 2022/23

2.      

Destinatarios:

Alumnado de este centro de CM e FPB que, no momento de facer a mobilidade, teña aprobados todos os módulos do ciclo correspondente, incluído o módulo de FCT e máis de 18 anos.

3.      

Criterios de selección:

Os criterios de selección aplicables a este proceso son os que figuran no Anexo I que se publica xunto a esta convocatoria.

Pódese atopar toda a información sobre o mesmo proceso na páxina da Deputación de Pontevedra.

4.      

Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán os seguintes documentos:

  • Unha solicitude
  • Unha carta de motivación
  • Un CV actualizado

A ausencia dalgún deste documentos conlevará a non selección do candidato/a

Ademais, os solicidantes poderán entregar  toda aquela documentación que acredite as distintas competencias a ter en conta para este proceso de selección (segundo o Anexo I) ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

5.      

Prazo para a presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será do día 6 ao 13 de maio, ambos incluídos.

CRITERIOS SELECCIÓN ALUMNOS/AS PRACTICUM DEPO 2021

 

AdxuntoTamaño
Criterios selección alumnos PRACTICUM DEPO 2021.pdf498.24 KB