Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2022

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Para máis información, achéganse os seguintes documentos. Tamén se pode consultar a aplicación FP da Consellería de Educación.

  1. Orde do 17 de decembro pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo e se convocan para o ano 2022.
  2. Información probas de acceso ao grao medio 2022.
  3. Información probas de acceso ao grao superior 2022.
  4. Calendario probas de acceso a ciclos 2022.
AdxuntoTamaño
Orde 17 de decembro de 2021.pdf1.17 MB
Información probas de acceso a GS_2022.pdf1.2 MB
Información probas de acceso a GM_2022.pdf1.08 MB
Calendario probas acceso 2022.pdf110.25 KB