San Valentín 2021: Rebrote de Crepusculose

O equipo de Biblioteca alerta a toda a comunidade escolar do rebrote dunha enfermidade que se creía erradicada hai anos. Lede con atención a noticia e estade pendentes da páxina web e do blog da biblioteca Aloia:

EN PORTADA

O punto de información sobre a Crepusculose xa está case preparado. Pasade os vindeiros días pola zona de conserxería para saber todo acerca desta enfermidade: sintomatoloxía, causas... Recoméndase tomar as precaucións que se estimen oportunas para evitar posibles contaxios.

 

AdxuntoTamaño
Portada faro de vigo crepúsculo.pdf325.41 KB