A historia de Pepe e Pepa

A socióloga Carmen Ruiz Repullo realiza unha serie de charlas e talleres, para adultos e adolescentes, sobre violencia de xénero. Esta en particular conta a historia de Pepe e Pepa, unha parella adolescente que vive unha relación tóxica. Carmen vai explicando como el vai manipulando a súa noiva e o proceso polo cal se chega á violencia física. Unha charla marabillosa que nos axudará a reflexionar e, sobre todo,  a detectar as alarmas que deberían sonar nas nosas cabezas cando estamos nunha relación insana que vai en camiño de acabar en maltrato físico.