Gañadores do I Concurso: Portas cara á igualdade

O pasado curso académico o IES Indalecio Pérez Tizón inaugurou un novo concurso para conmemorar o 8 de marzo: Portas cara á igualdade, un concurso que consistía en decorar a porta da clase cunha mensaxe en pro da igualdade de xéneros.

O certo é que, por mor do confinamento, quedou sen proclamar a clase gañadora.

O 20 de outubro de 2020, o xurado do concurso determina que:

  1. Dada a calidade e esforzo do alumnado na execución do traballo, aumentarase a tres o número de clases premiadas.
  2. As titorías gañadoras do curso 2019-2020 son:

1º ESO A

1º ESO B

2º ESO C

 

 Finalmente, o xurado quere dar a noraboa a todos os participantes do concurso e, especialmente, aos gañadores do mesmo.