Skip to Content

PRESENTACION DO LIBRO "LA PLAYA DE LOS CRISTALES"

Os alumnos/as de 2º e 3º de de ESO do IES Illa de Sarón acudiron o venres 15 de decembro, xunto con alumnos/as de outros institutos da Mariña, á praia de Area para asistir á  presentación do libro La playa de los cristales da man do seu autor Pedro Ramos.

 

 

VIAXE DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO A LUARCA

O xoves 23 de novembro o alumnado de 1º e 2º de ESO estivo de visita no Parque da Vida de Luarca. Un parque con actividades de divulgación científica para o estudio do entorno natural, do mundo animal e do espacio.

 

Pola tarde visitaron os Jardines de la Fonte Baixa. Trátase do botánico privado mais grande de Europa,  ten unha extensión de 20 hectáreas e pódense encontrar 569 variedades de plantas de todos os climas. Conta con 17 km de paseos, 9 miradores, 19 fontes e moitas esculturas de diferentes épocas e estilos.

Os xardíns teñen mais de 15 anos e o guía vai explicando a historia e curiosidades das diferentes plantas que alí se atopan.

As vistas de Luarca dende os miradores do xardín son espectaculares.

 

 

 

   

No seguinte enlace podedes descargar mais fotos desta actividade.

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Con motivo do día 25 de novembro realizaronse no IES Illa de Sarón varias actividades de concienciación do alumnado, coa finalidade de previr condutas de violencia de xénero entre os xóvenes.Todos debemos implicarnos en condenar, repulsar e denunciar a violencia.

O día 22 de novembro a psicóloga Raquel Graña grabou cos nosos alumnos/as de ESO unha curtametraxe en contra da violencia de xénero que se pode visualizar no seguinte enlace. 

 

 

Os alumnos/as deixan a súa mensaxe por medio dun alfabody. 

- O alumnado de 4º de ESO colgou nas paredes e na entrada do centro, varios textos usados na elaboración da curtametraxe realizado no taller de Igualdade con Raquel Graña

 

 

- O alumnado de 1º de ESO traballou na materia de Educación Plástica coa Guía de los buenos amores, publicada polo Consello da Xuventude de Navarra. Esta guía trata de fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero nas relacións entre adolescentes. Realizaron  debuxos en cartulina  con mensaxes en contra da violencia, que colgaron na entrada do centro.

 

- O alumnado de 4º de ESO seleccionou unha serie de vídeos musicais con mensaxes antiviolencia que se visualizaron durante os tempos de lecer na zona de proxección do centro,  Vídeo Sarón. 

- O equipo de Biblioteca montou unha exposición na entrada do centro con materiais recomendados para a prevención da Violencia de Xénero. 

 

 

 

- O luns día 27 de novembro pechamos as actividades coa charla de Marta Engroba, presidenta da asociación Si Hai saída, de apoio ás vitimas da violencia machista,  que estivo no IES Illa de Sarón para impartir unha charla titulada "Machismo. Unha lacra social", ó  alumnado de 1º e 2º de ESO. 

Xián e Nerea aproveitaron a visita de Marta Engroba ó noso centro para facerlle unha entrevista que incluiremos no concurso Escola de Prensa do diario El Progreso.

 

 

REUNIÓN DE PAIS/NAIS

 

 

REUNIÓN DE PAIS/NAIS COS TITORES DE GRUPO

 

LUNS 23 DE OUTUBRO 19:00

PERIODO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

 

Presentación de solicitudes para ciclos formativos, durante o periodo extraordinario dende o día 1 de setembro ata o día 8 de setembro ás 13:00.

Mais información sobre admisión e matricula no menú Admisión ciclos FP desta páxina web. 

MATRÍCULA ESO 2017-18 CONVOCATORIA DE SETEMBRO

 

PRAZO MATRÍCULA ALUMNADO ESO:  6 - 8 DE SETEMBRO

HORARIO: 9:30- 13:30

Pode consultar as instrucións e descargar os formularios de matrícula no menú Admisión ESO desta páxina web.

Video 1º ESO - Carlos Casares

Video feito con Scratch polo alumnado de 1º ESO.

Prema no enlace ou na fotografía para ver o vídeo:

http://fr.illadesaron.com/VIDEOS/obra1eso.mp4

 

 

 

Algo pasa en Sarón. Corto realizado polos alumnos de EPV 4º

Algo pasa en Sarón, corto realizado polos alumnos de plástica de 4º de ESO.

Prema no ligazón para ver o vídeo.

http://fr.illadesaron.com/VIDEOS/Algopasaensaron.mp4

Técnicas de animación. EPV 4º ESO.

Vídeo sobre técnicas de animación feito polo alumnado de 4º de ESO.

Prema na ligazón para ver o vídeo:

http://fr.illadesaron.com/VIDEOS/tecnicasdeanimacion.mp4

 

Distribuir contido


by Dr. Radut