Skip to Content

NOVAS

Plan Proxecta: Donas de si

O alumnado de 3º PDC preparou unha exposición moi especial para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Pásadevos a visitala!!!

Plan Proxecta: Donas de si

Dende a secretaria xeral da Igualdade, remitíronnos por servizo de mensaxería diverso material para o desenvolvemento do programa Donas de Sí. Con estes novos volumes ampliamos o Espazo Lila situado, de forma permanente,na entrada principal do noso instituto. Este material está á disposición de toda a comunidade educativa, incluídas as familias do noso alumnado.

Anímate a visitala!!!

CP Innova: Ler ciencia

Exposición realizada polo Equipo de Biblioteca para motivar ao noso alumnado e animalo a ler ciencia.

Plan Proxecta: Donas de sí

Seguimos investigando acerca de mulleres que foron Donas de Sí.

Nesta ocasión, o alumnado de 4º ESO realizou un estudo sobre a vida e a obra de escritoras importantes na historia da Literatura. Realizaron unha presentación en formato Pecha-Kucha que consiste en  20 diapositivas de 20 segundos de duración cada unha.

Aquí vos quedan algunhas fotiños das súas presentacións.

Plan Proxecta: Donas de si

Para celebrar o Día de Samaín e o Día das Escritoras, cada curso de ESO realizou un "Altar de Mortos" adicado a unha escritora galega. As elexidas foron Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán e María Mariño.

Para esta tarefa, adicáronse varias sesión de titoría a investigar sobre a autora escollida para realizar un altar personalizado.

Aquí vos deixamos os resultados.

Día de las escritoras

Publicamos algunas fotografías en conmemoración por el Dia de las escritoras (17 de Octubre).

Además de la exposición de fondos bibliográficos, el concurso de altar de mortos estará dedicado a escritoras gallegas fallecidas y el alumnado de 4º hará unas exposiciones en formato Pecha Kucha cuyas protagonistas serán mujeres escritoras de todos los tiempos.

Día Mundial da Poesía

O pasado 21 de Marzo celebramos o Día Mundial da Poesía con diversas actividades como a selección e exposición dos poemas favoritos do noso alumnado.

Ademais durante o tempo de lecer realizamos a audición e o recitado lírico na biblioteca!

Conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro

O 23 de Febreiro conmemoramos o nacemento da escritora de Padrón, Rosalía de Castro cunha mostra da súa obra literaria. Ademáis o noso alumnado participou nun concurso de deseño de chapas relacionadas coa nosa escritora.

Encontro co escritor David Lozano

O 23 de Febreiro o alumnado de 3º da ESO disfrutou dun encontro virtual co escritor zaragozano David Lozano, autor de Desconocidos, o cal desvelou o proxecto de adaptación da obra literario ao cine!

3º ESO - Carátulas de «Desconocidos»

En 3º da ESO contamos con excelentes ilustradores como nos demostran as carátulas de Desconocidos que prepararon como actividade complementaria ao encontro virtual co escritor.

Distribuir contido