Skip to Content

Redes sociais (Blog, Twitter, Instagram)

XA ESTAMOS NAS REDES SOCIAIS!

BLOG:  http://biblioiesilladesaron.blogspot.com.es

 

 

TWITTER@biblioillasaron

 

INSTAGRAM:   https://www.instagram.com/bibliosaron/

 

 

A POESIA QUE SENTIMOS - MICRORREDE DE BIBLIOTECAS DA MARIÑA

A biblioteca do IES Illa de Sarón participa no programa A poesía que sentimos, elaborado pola Microrrede de Bibliotecas escolares da Mariña. O programa consta de exposicións de 16 centros escolares, arredor da poesía nas súas diversas manifestacións.

O noso centro presenta unha proxección de Videopoemas recitados en varias linguas e unha exposición de Haikiños ilustrados, realizados polo alumnado de ESO, nun taller impartido pola poeta e ilustradora María Míguez.

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Programación da producción en metais e polímeros, elaborou a estrutura de poliestireno que alberga a pantalla de televisión. O vídeo actívase por medio dun detector de presencia, instalado coa colaboración do departamento de Tecnoloxía.

   

                                        

Mais información no instagram de Bibliosarón.

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

O poeta e docente Carlos Negro, premio en 2018 dos Clubs de Lectura dos centros de Ensinanza secundaria galegos, estivo no Illa de Sarón para realizar un Obradoiro de poesía co alumnado de 4º de ESO. 

Un obradoiro moi práctico e creativo que tivo moito éxito entre o alumnado. A partir dunha imaxe construiron un poema colectivo, coas aportacións de tod@s.

 

Distribuir contido