Skip to Content

Normas de funcionamento

Protocolo COVID-19 Bibliosarón

Descarga o PROTOCOLO COVID-19 BIBLIOSARÓN en formato PDF.

NORMAS DA BIBLIOTECA

 

A biblioteca é unha institución democrática aberta a toda a comunidade educativa polo que todos debemos responsabilizarnos da mesma.

O equipo da biblioteca quere facer un esforzo para que os servizos e a convivencia dentro da mesma sexan os mellores posibles, polo que se estableceron as seguintes normas:

 

HORARIO E INSTALACIÓNS

·         Poderás estar na biblioteca  durante o tempo de lecer: 10:30-10:50 e 12:30-12:50 horas. Fóra deste horario, a biblioteca só funcionará cando se atope un profesor de garda na mesma.

·         Ten presente o horario da biblioteca e non esperes ata o último momento para solicitar o préstamo dos libros.

 

CONSULTA E USO DOS FONDOS

·         O servizo de préstamo e devolución só será posible no tempo de recreo a través do programa Meiga, utilizando o carné de usuario da biblioteca.

·         Debes manipular  os documentos con coidado e non deterioralos con tinta, pegatinas, tesoiras…

·         En caso de dúbida á hora de colocar un libro, consulta co bibliotecari@!

 

ORDENADORES

·         Os ordenadores utilizaránse con orde, tendo preferencia os traballos e non os xogos; se se utilizasen sen esta orde serán expulsados os usuarios do recinto cunha falta.

·         Está prohibido cambiar a configuración dos ordenadores,  executar ou instalar programas sen permiso do encargado dos mesmos.

·         Non podes gardar nada no ordenador xa que se eliminará cando este se apague.

·         O ordenador de xestión da biblioteca é para uso exclusivo do equipo de biblioteca e colaboradores.

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS

·         A biblioteca é un lugar de lectura e estudo, polo que necesitamos silencio, ao igual que no vestíbulo.

·         É necesario que deixemos o mobiliario limpo, recollido e ordenado.

·         Como usuario, non podes comer nin beber, agás auga embotellada.

·         Calquera papel ou lixo xerado na biblioteca deberá ser depositado nas papeleras.

·         Debes obedecer as indicacións do personal da biblioteca; no caso contrario, este poderá solicitarche que abandones  as instalacións anotando unha falta; no caso de ter  TRES faltas , se che prohibirá o acceso á biblioteca durante UNA SEMANA.

Distribuir contido


by Dr. Radut