Skip to Content

DISCURSHOW PE NO PEDAL!

 

 REPRESENTACIÓN PARA O ALUMNADO DO

  IES ILLA DE SARÓN

 E

 IES MARQUÉS DE SARGADELOS

    

VENRES 12 ABRIL 12:30

 CASA DA CULTURA DE SAN CIBRAO

 

FALAMOS DA ESCOLA FUNDACIÓN ABANCA

Coa finalidade de fomentar as relacións interxeracionais, a entidade ABanca puxo en marcha neste curso, a actividade "Falamos da escola" mediante a que o  alumnado  de 4º de ESO, coñece a través da experiencia das personas maiores a historia da educación en Galicia. 

 

 

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

A escritora burelesa, Antía Yáñez, gañadora do Premio de Narrativa Illa Nova 2018,  pola súa novela Senlleiras, visita a Biblioteca do IES Illa de Sarón.

O alumnado sentía moita curiosidade por coñecer a esta escritora tan xoven, con orixes moi próximos a Xove e preguntarlle pola súa vocación de escritora, e outros aspectos da súa biografía. 

Por suposto pedir a firma de exemplares dos seus libros, era algo obrigado. 

 

OBRADOIRO DE POESÍA CON CARLOS NEGRO

O poeta e docente Carlos Negro, premio en 2018 dos Clubs de Lectura dos centros de Ensinanza secundaria galegos, estivo no Illa de Sarón para realizar un Obradoiro de poesía co alumnado de 4º de ESO. 

Un obradoiro moi práctico e creativo que tivo moito éxito entre o alumnado. A partir dunha imaxe construiron un poema colectivo, coas aportacións de tod@s.

 

BECAS TDHA INGADA-FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

O venres 29 de marzo asistimos ó  acto de entrega da V Beca TDHA Ingada-FMJJ, e á presentación dos resultados do Programa Formativo para o tratamento do alumnado con TDAH 2018-19, ó que asistieron profesores de Educación Primaria, ESO, Bachillerato y FP de toda Galicia.

Dulce Mª López Gasalla, profesora de Pedagoxía Terapéutica e Xefa de estudos do IES Illa de Sarón, atopábase entre as 5 finalistas de toda Galicia. Optaba a esta Beca co Proxecto: "Traballando coas mans, outra maneira de aprender".

 

 

 

ALUMNADO FRANCÉS DE INTERCAMBIO EN XOVE

Un grupo de alumnos/as do Collêge Lucie Aubrac da poboación francesa de Villemandeur están convivindo durante a semana do 24-30 de marzo coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón. Todos e todas están desfrutando moito con esta experiencia.

O alumnado de Xove visitará Villemandeur do 27 de abril ao 4 de maio.

 

CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA DIRIXIDA A FAMILIAS