Skip to Content

Semana Branca - Andorra II

Esta mañá de martes amenceu cunha temperatura máis alta do normal para esta época do ano, mais tamén con moito vento que foi amainando ao longo da mañá.

O alumnado despois de erguerse ás 07:00h asistiu ao curso de esquí e  segue aumentando o seu dominio e a súa capacidade para superar novos retos.

O cansazo segue estando presente, mais tamén a ilusión por mellorar neste deporte fan que non se decaten das maniotas e que todo sexa máis levadeiro.

Rematamos a xornada no Centro Termal CALDEA onde relaxamos os músculos e compartimos dúas extraordinarias horas.

Todo segue o seu ritmo normal!!!

Deixamos algunhas fotos.... e seguiremos informando.

Semana Branca - Andorra I

Despois dunha longa viaxe de 14 horas, chegamos a Andorra á mediodía, xantamos e fomos recoller o material de esquí.

O luns ás 7 da mañá tocou o espertador, percibíase o cansazo acumulado pero tamén as gañas e a ilusión por pisar a neve e experimentar novas sensacións. Almorzamos e ás 8:00 estabamos indo cara ao autobús para subir á estación de El Tarter en Grandvallira.

SarónSpot - Concurso de mensaxes comerciais

O IES Illa de Sarón convoca o concurso de Mensaxes comerciais "SarónSpot"

BASES DO CONCURSO

  1. Participantes: pode participar toda a comunidade educativa do IES Illa de Sarón do curso 2019/2020. A participación pode ser individual ou grupal.
  2. Categorías: única.
  3. Presentación: será obxecto deste concurso vídeos editados polo autor ou autores.
  4. A temática dos vídeos será unha publicidade positiva do noso centro, dando visibilidade ós ciclos formativos que se imparte.
  5. Requisitos a cumprir: Cada vídeo presentarase en arquivo dixital (MPEG, MOV, MP4) non superior a 700MB para o visionado do xurado. Nas obras presentadas NON figurarán os créditos. Se é seleccionado, o autor/es comprometese a presentar unha copia dixital HD para a súa proxección pública e nesta figurarán os créditos.
  6. Non excederá de 4 minutos.
  7. Non se admiten traballos entregados despois do 2 de marzo de 2020.
  8. Engregarase a obra nun dispositivo de memoria cun alcume como nome do arquivo. Acompañarase cun sobre pechado no que por fora figure este mesmo alcume e conteña dentro un documento no que figure o alcume do autor/es do traballo co nome e apelidos dos autores. Todo isto meterase nun sobre máis grande sen identificacións e entregarase en conserxería.
  9. O gañador cede o uso de vídeo para a promoción do IES Illa de Sarón.
  10. Premiso: Diplomas acreditativos para os tres mellores e un vale de 50€ para a compra de material escolar ou material tecnolóxico para o gañador.
  11. A entrega do premio e os diplomas terá lugar o 10 de marzo.

 

Bo Nadal!

Actividades BiblioSarón

Participa no troco de libros organizado pola biblioteca do IES Illa de Sarón!

  

 

 

Programación Didáctica: Matemáticas

Poñemos a disposición do alumnado e das nais e pais a Programación didáctica da materia Matemáticas en formato PDF.

Programación Didáctica: Valores éticos

Poñemos a disposición do alumnado e dos pais e nais a Programación didáctica da materia Valores Éticos en formato PDF.

Programación Didáctica: Xeografía e Historia

Poñemos a disposición do alumnado e dos pais e nais a Programación didáctica da materia Xeografía e Historia en formato PDF.

Programación Didáctica: Lingua Galega

Poñemos a disposición do alumnado e dos pais e nais a Programación didáctica da materia Linguga Galega en formato PDF.

Convocatoria para familias

Reunión informativa para pais e nais do alumnado de 1º ESO sobre o proxecto E-Dixgal.

O tema principal será a entrega e o uso dos portátiles do alumnado e a firma dos acordos de cesión (permiso para levar a casa).

A reunión terá lugar o día Martes 24 de Setembro ás 19:30 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut