Skip to Content

PRAZO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2018 -19

ABERTO PRAZO DE INSCRICION EN CICLOS FORMATIVOS: 25 XUÑO-3 XULLO

PRAZO extraordinario: 3-11 SETEMBRO

CONSULTA O  CALENDARIO DE ADMISIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

COÑEZA A OFERTA FORMATIVA DO ILLA DE SARÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

 

Mais información

HORARIO CS: PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS

CURSO 2018/19: CONSULTAR HORARIO  DO CICLO SUPERIOR NO ARQUIVO ADXUNTO

CALENDARIO EXAMES FINAIS CICLOS FORMATIVOS XUÑO 2018

Consultar nos arquivos adxuntos as datas dos exames finais do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e do Ciclo Superior de Programación da produción en moldeo de metais e polímeros.

O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE METAIS E POLÍMEROS VISITA EMPRESAS DO SECTOR

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Programación da produción en metais e polímeros realizaron unha visita por distintas empresas do sector de Fabricación mecánica, ubicadas no entorno da Mariña Lucense.

En Muras, visitaron as instalacións de FERROPLAST, empresa de fabricación de produtos plásticos destinados á construción;TEPSA,Técnica de envases pesqueros, que fabrica produtos de polietileno de alta densidade para a pesca e acuicultura.

En Villalba visitaron a empresa de mecanizado de pezas, Mecanizados Vallejo.

No polígono de Fazouro, visitaron a empresa KSINS, adicada á construción de embarcacións pesqueiras en fibra de vidrio de alta resistencia e a empresa POLIMAR, que fabrica caixas de poliestireno para alimentación e transporte de material delicado.

 

VISITA DO ALUMNADO DE ECONOMÍA DE 4º ESO Ó CONCELLO DE XOVE

O Departamento de FOL programou unha visita ó Concello de Xove co alumnado de Economía de 4º de ESO,  para coñecer o funcionamento económico do noso concello. Recibiron información sobre presupostos, investimentos, partidas presupostarias que afectan directamente a xuventude etc.. Foron atendidos polo propio alcalde, o interventor e a secretaria do Concello, que responderon ás preguntas formuladas polos alumnos/as.