Skip to Content

Orientación

APLICACIÓN WEB DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentamos a aplicación web sobre orientación universitaria que desenvolveu o alumnado de Bacharelato do IES Chan do Monte de Marín.

Trátase dunha bases de datos que recopila a información da CIUG de xeito cómodo e intuitivo:

  • Táboas de ponderación
  • Listado de titulacións ofertadas en Galicia, con notas de corte.
  • Ligazóns ás páxinas de cada Universidade.

 

Accede á aplicación pinchando no seguinte enlace: http://bacharelato.ga

GUIA DE ESTUDIOS SUPERIORES EN GALICIA 2019-20

¿Qué quiero estudiar?

Guía de estudos superiores en Galicia 2019. La Voz de Galicia

 

Trátase dunha guía moi útil de toda a oferta de estudos universitarios, estudos de FP e outras ensinanzas, organizada en base ás 4 ramas de coñecemento que corresponden aos catro bacharelatos: Artes, Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades.

Conta con descripcións básicas de cada un dos estudios e incluso se pode consultar un cadro co número de créditos que son convalidables ao acceder a un grao, despois de cursar un ciclo superior de FP.

Podese descargar a guía no seguinte enlace

 

No xornal La Voz de Galicia pódese acceder a unha versión interactiva:

 

CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA DIRIXIDA A FAMILIAS

PROGRAMA ORIENTA 2019/20

 

Para o alumnado de 4º de ESO:

O Programa Orienta presenta tres cuestionarios  que ofrecen ó alumnado unha Orientación sobre o seu futuro académico e profesional:

  • O primeiro aconsella sobre qué Bacharelato e que estudios elexir
  • O segundo sobre qué Título de Grao Medio.
  • O terceiro sobre se facer Bacharelato ou FP de Grao Medio

O programa axuda a reflexionar sobre as dificultades propias da aprendizaxe, tales como:

  1. Hábitos de estudio, memorización, realización de esquemas.
  2. Atención e concentración, Motivación...

 

Débense realizar os cuestionarios de orientación académica e profesional, para aproveitar todos os recursos que ofrece o programa.

Calquera dúbida poden contactar coa Orientadora do Centro.

 

Pinchando aquí poderá acceder ao enlace do programa Orienta.

Mais información.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2017

 Muller e traballo:

importancia da formación inicial e da formación continua

O día 8 de marzo de 2017 con motivo do Día Internacional da Muller  tivo lugar no IES Illa de Sarón, unha mesa redonda que abordou tanto o presente como o pasado da situación laboral da muller, incidindo, especialmente, no seu rol social tradicional dentro dos condicionantes da súa vida laboral.

 

Sen esquecer a progresiva incorporación da muller a profesións nas que fai ben pouco tiña unha representación máis ben minoritaria, recalcouse moito a importancia da formación inicial e da formación continua dentro das posibles respostas de adaptación ás dificultades de acceso ao emprego, á precariedade laboral e aos cambios de raíz e de estrutura do sistema produtivo que nos veñen dados.

Participaron na mesa redonda:

  • José Ramón Casas Oroza. Ex-Vicedirector do IES  Illa de Sarón.
  • Martina Mendiña Juncal. Cabo na OAP de Ferrol. Sección de Recrutamento. Armada Española.
  • Fátima Rodríguez Moreda. Avogada. Asesora Xurídica do Centro de Información á Muller. Mondoñedo
  • María Nieves Seoane Martínez. Xefa do Departamento de Orientación do IES Illa de Saron. Moderadora da mesa.