Skip to Content

Orientación

25 Novembro: Día contra a Violencia de Xénero

O vindeiro martes día 25, con motivo do "Día contra a Violencia de Xénero" terán lugar no Centro distintas actividades que resumimos. Incluimos tamén uns cantos videos con cancións que tratan o tema da Violencia contra as mulleres.

 

Día contra Violencia Xénero
  • Ás 12:00 unha representación de alumnos ( un de cada curso) irá á Praza do Concello , onde se prantará outra oliveira xunto coas representantes da Asociación de Mulleres “ BOLBORETAS”. Alí, os/as alumnos/as lerán un texto alusivo á conmemoración.
  • Durante o acto de plantar a oliveira no patio, outra representación do alumnado lerá distintos textos alusivos.
  • Soledad , xunto con algúns /as nenos/as , colocará ao longo dos pasillos un cómic sobre o maltrato que posteriormente lerán.
Andy y Lucas. Y en tu ventana
Bebe. Ella
Amaral. Salir Corriendo
Revolver. Lo que Ana ve

APOIO AO PROCESO DE ENSINO - APRENDIZAXE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

A capacidade para aprender 

   Entendemos que nesta etapa escolar cada alumno/a ten a súa  propia capacidade para aprender cousas e para retelas, pero que isto non é sinónimo da súa  capacidade intelectual. Ademais, partimos da  base de que todos son capaces de alcanzar un nivel mínimo tendo en conta os diferentes ritmos de traballo que poidan ter individualmente.

A motivación para aprender 

   A motivación do/a alumno/a para aprender é moi complexa, sobre todo tratándose dun idioma, xa que depende de varios factores: por un lado, do historial de éxito ou  de fracaso que o/a alumno/a puidera ter ata  ese momento e, por outro lado, do proceso de aprendizaxe seguido.

Os estilos de aprendizaxe 

Como é sabido,o/a alumno/a pode ser reflexivo/a ou impulsivo/a cando se enfronta ás súas tarefas escolares. Uns/as alumnos/as poden  reaccionar moi rapidamente pero, sen embargo, necesitar varios intentos para asimilar unha  idea, namentres ca outros/as poden  traballar máis a conciencia e  aprender máis a modo, pero chegar  ó  mesmo resultado.  

    Os intereses dos/as alumnos/as 

   Como é sabido, os intereses dos/as alumnos/as vanse diversificando, moito máis na ESO ca en Primaria. O  interese en aprender un contido determinado varía moito duns/has alumnos/as a outros/as dependendo da súa motivación e/ou a necesidade de facelo. Por iso, incluímos unha gran variedade de temas, intentando que supoñan un estímulo para a maioría. 

   

APOIO Á ACCIÓN TITORIAL

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

  •  ENQUISA SOBRE INTERESES ACADÉMICOS E PROFESIONAIS

Podedes facer unha enquisa sobre intereses académicos e profesionais para coñecer o voso perfil e ter mais información sobre a formación profesional. Para iso tedes que ir a seguinte páxina:  http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/procesa_index_todas.php e marcar a opción "lista de actividades por tipo de actividade". Son as miniquest "GÚSTAME"

  •  INFORMACIÓN SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL

Aquí tes a oferta clasificada por provincia e concello dos ciclos da FORMACIÓN PROFESIONAL en centros públicos 2007/08: http://www.edu.xunta.es/fp/files/oferta/oferta2007_08_por_provincia.pdf

 

  • INFORMACIÓN SOBRE OS ESTUDOS DE BACHARELATO

 

  • INFORMACIÓN SOBRE OS PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

 

  • INFORMACIÓN SOBRE A EDUCACIÓN DE ADULTOS

 

 

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS

         O horario de atención a pais e nais por parte da Orientadora do Centro durante o curso 2010/2011 é o seguinte:

 -

-

         O horario de atención a pais e nais por parte da Profesora de Pedagoxía Terapéutica durante o curso 2010/2011 é o seguinte:

-

Distribuir contido


by Dr. Radut