Skip to Content

APOIO AO PROCESO DE ENSINO - APRENDIZAXE

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

A capacidade para aprender 

   Entendemos que nesta etapa escolar cada alumno/a ten a súa  propia capacidade para aprender cousas e para retelas, pero que isto non é sinónimo da súa  capacidade intelectual. Ademais, partimos da  base de que todos son capaces de alcanzar un nivel mínimo tendo en conta os diferentes ritmos de traballo que poidan ter individualmente.

A motivación para aprender 

   A motivación do/a alumno/a para aprender é moi complexa, sobre todo tratándose dun idioma, xa que depende de varios factores: por un lado, do historial de éxito ou  de fracaso que o/a alumno/a puidera ter ata  ese momento e, por outro lado, do proceso de aprendizaxe seguido.

Os estilos de aprendizaxe 

Como é sabido,o/a alumno/a pode ser reflexivo/a ou impulsivo/a cando se enfronta ás súas tarefas escolares. Uns/as alumnos/as poden  reaccionar moi rapidamente pero, sen embargo, necesitar varios intentos para asimilar unha  idea, namentres ca outros/as poden  traballar máis a conciencia e  aprender máis a modo, pero chegar  ó  mesmo resultado.  

    Os intereses dos/as alumnos/as 

   Como é sabido, os intereses dos/as alumnos/as vanse diversificando, moito máis na ESO ca en Primaria. O  interese en aprender un contido determinado varía moito duns/has alumnos/as a outros/as dependendo da súa motivación e/ou a necesidade de facelo. Por iso, incluímos unha gran variedade de temas, intentando que supoñan un estímulo para a maioría. 

   



page | by Dr. Radut