Skip to Content

Oferta Educativa

IES ILLA DE SARÓN OFERTA EDUCATIVA

 

 

 

CICLO SUPERIOR DE PROGRAMACION DA PRODUCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS

 

Prema aqui se quere descargar unha presentación do ciclo de Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros.

Ciclo superior en rexime modular para adultos. 

 

CICLO FORMATIVO SUPERIOR DE "PROGRAMACIÓN DA PRODUCCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS" (200O HORAS)

 O IES "Illa de Sarón" aumenta a sua oferta formativa coa posta en marcha do Ciclo Formativo de Grao Superior "Programación da producción en moldeamento de metais e polímeros".

Trátase dun ciclo da familia de Fabricación mecánica orientado á formación de operarios de produción específicos para plantas de fundición e modelaxe, tanto no sector metalúrxico como de polímeros.

Este ciclo único en Galicia, ofertase no rexime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular). 

Este ciclo ven unirse ao PCPI de Informática e ao Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes, para completar a oferta formativa deste centro para o curso 2012/13.

O prazo de preinscripción para todos estes estudios remata o día 2 de xullo de 2012 en periodo ordinario, pero haberá un periodo extraordinario entre 3 o 12 de setembro.

E.S.O. - Ciclo formativo de grado medio de Sistemas Microinformáticos e redes - PCPI de Informática

    

    No I.E.S. Illa de Sarón pódense realizar estudos de E.S.O. nos seus catro niveis, en horario de mañá de 9 h. a 14:30 h. de martes a venres e os luns de 9 h. a 14:30 h. e de 16:30 h. a 18:10 h.

   O PCPI de Informatica está dividido en 2 cursos académicos en horario de mañá de 9 h. a 14:30 h. de martes a venres e os luns de 9 h. a 14:30 h. e de 16:30 h. a 18:10 h. (Actualmente, 2019, non se imparte PCPI nin FP-Básica)

    O ciclo de grado medio de sistemas microinformáticos e redes esta dividido en dous cursos académicos, en horario de maña de luns a venres e en horario de tarde os luns e os mércores.

Distribuir contido


by Dr. Radut