Skip to Content

Cartel da exposición da Microrrede

Desvelamos o cartel da nova exposición da Microrrede!

Agradecer ao alumnado do bacharelato de artes do IES Monte Castelo pola participación e o seu bó facer e en particular a Laura González Freire por brindarnos a portada que abre as portas ao noso traballo colaborativo.

A exposición será:

  • No Salón Multiusos do Concello de Viveiro
  • Entre o 7 e o 10 de Maio.

 

Últimos días para solicitar campamentos!!!!

Bonos activa comercio

Vota pola mellor poesía galega e portuguesa

Concurso Fotografía "Ler é Vivir"

Iniciativa Procare: coñecer a saúde mental dos mozos

Viaxe a Cantabria e Burgos do alumnado de 4º de ESO

O Departamento de Ciencias da Natureza do Illa de Sarón organizou unha viaxe a Cantabria e Burgos para o alumnado de 4º de ESO.

O día 3 de abril visitamos a cova de El Soplao, o concello de Comillas, que sorprende pola súa arquitectura modernista e Santillana del Mar onde destacan a colexiata  de Santa Xuliana e a cova de Altamira, considerada a capela Sixtina do arte prehistórico. 

O seguinte día, 4 de abril, estivemos no Museo da Evolución Humana, con percorrido polo Paleolítico Vivo, unha experiencia de inmersión na prehistoria mediante a contemplación de paisaxe e fauna. Pola tarde realizamos un percorrido en tren turístico polo casco histórico de Burgos, incluída a súa impresionante catedral gótica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Xa de volta para Xove, fixemos unha pequena parada en León con visita ó Convento de San Marcos.

Concurso de fotografía 2024

Concurso de fotografía

Coma cada ano o IES Illa de Sarón vai levar a cabo o seu concurso de fotografía, este ano adicado ás matemáticas que se esconden na arquitectura.

Está aberto a toda a comunidade educativa, anímate e participa!!!!

BASES:

Pode participar neste concurso toda a comunidade do centro IES Illa de Sarón.

Cada persoa participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías que terá como temática: AS MATEMÁTICAS NA ARQUITECTURA.

 As fotografías terán un tamaño mínimo de 2000 KB, a relación entre os lados estará entre 4/3 e 16/9, e terán inserido o título, en galego, que o autor decida.

 Haberá tres categorías: A, alumnado de 1º e 2º de ESO; B, alumnado de 3º e 4º de ESO e C, resto da comunidade.

Prazo e procedemento de entrega dos traballos:

 O prazo de entrega dos traballos será entre os días 3 e 24 de maio .

 O procedemento para entregar os traballos será envialas á dirección de correo electrónico REBECARUBALCANCIO@edu.xunta.es .

 O asunto indicado no correo será: Fotografía – Nome e apelidos do autor/a e o curso ou posto.

Actividades relacionadas co concurso:

 Os traballos fotográficos entregados serán impresos e con eles realizarase unha exposición no centro.

 Organizarase unha votación na que participarán como xurado os membros do departamento de matemáticas e do departamento de educación plástica e visual.

 Haberá un premio dun vale de 20€ para a categoría A e outro para a categoría B. O premio para a categoría C será un diploma.

 O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o considera oportuno.

 O fallo do xurado darase a coñecer antes do venres 3 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut