Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2018-19

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO

Alumnado admitido para 1º curso de ESO

 

Recurso de alzada:

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Normativa reguladora:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 15/03/2013)

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 01/02/2017)

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2018

Este ano María Victoría Moreno é a autora homenaxeada o día das Letras Galegas.  No IES Illa de Sarón recordamos a súa figura, coa lectura  nos cursos da ESO de dúas das súas obras,  Leonardo e os fontaneiros e Anagnórise.

O alumnado asistirá ademais, ás adaptacións teatrais destas  dúas obras en Burela e en Viveiro.

Durante esta semana na entrada do centro educativo  contamos cunha exposición realizada polo alumnado de Educación Plástica de 1º de ESO, que elaboraron uns divertidos carteis con papel celofán de varios cores,  tomando como base unha imaxe de María Victoria Moreno. 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co equipo de Biblioteca colocaron en BiblioSarón un conxunto de 10 carteis que recollen a biografía da autora homenaxeada.

 

 

 

 

VIAXE A MADRID DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO viaxaron a Madrid acompañados da profesora de Xeografía e Historia, Sara Novoa. Durante a súa estancia de 3 días na capital fixeron un roteiro  guiado polo Madrid dos Austrias, visitaron o Museo do Prado e coñeceron lugares emblemáticos como o Palacio Real, a Praza Maior,  o parque do Retiro....

Por suposto tamén había unha parte lúdica con actividades ó aire libre no parque Amazonia e durante a noite cenaron no Hard Rock e asistiron ós musicais Billy Elliot e o Rei León.