Skip to Content

CONCURSO SUDOKUS 1º ESO

O Departamento de Matemáticas  organizou un concurso de Sudokus para o alumnado de 1º de ESO.

O concurso celebrouse o luns día 21 de xaneiro e resultaron gañadores/as: 

Pablo Canoura Sánchez

Emilia Barro Martínez

Irene González Martínez

Daniel Ramos Losada  (Mención Honorífica)

 

ENTREGA PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2019

 

No concurso de Postais de Nadal convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, destinado a nenos/as e rapaces/as do Concello de Xove, foron premiados 3 alumnos/as do IES Illa de Sarón, na categoría 1º-4º de ESO. 

1º Premio: Iker Costa González

2º Premio: Soukaina Adourou

3º Premio: Xenxo Salgueiro Franco

 

 

 

 

ENCONTRO LITERARIO CON PEDRO RAMOS

 

Pedro Ramos, o autor de obras con grande éxito entre o alumnado do IES Illa de Sarón, visitou o noso centro educativo.  O encontro tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Xove e os nosos alumnos e alumnas aproveitaron a oportunidade, para que o autor lles firmase os seus exemplares de La playa de los cristales ou El coleccionista de besos.

A continuación o autor visitou a  nosa biblioteca  e realizou un taller co alumnado de 1º de ESO. Unha xornada moi emocionante para tod@s. Moitas grazas Pedro!!.

 

 

VIAXE POLA AGROALIMENTACION LUCENSE. 5ª SEMANA ESCOLAR DA PROVINCIA

No Illa de Sarón celebramos a SEMANA ESCOLAR DA ALIMENTACIÓN. A partir do material enviado pola Diputación de Lugo para conmemorar a Semana escolar da Provincia, realizaronse varias actividades con alumnado de distintas aulas.

O alumnado de 2º de ESO na materia de Ciencias Sociais seguiron a lectura do libro-manual e localizaron nun mapa mudo da provincia de Lugo, os espazos de produción dos produtos de denominación de orixe protexida, que se citan no libro.

 

Un grupo de alumn@s de 3º de ESO coa súa titora, prepararon unha exposición con produtos gastronómicos nomeados no libro, algúns deles moi coñecidos nesta zona da Mariña, coma o mel do Valadouro ou o bonito de Burela.

Os alumn@s de 1º de ESO na materia de Educación Plástica, buscaron información sobre as festas gastronómicas, fixeron unha investigación por grupos e elaboraron carteis promocionais de exaltación de distintos produtos.

Ambas exposicións colocáronse na entrada do centro educativo.

XORNADA PROMOCIÓN DE BOLOS NO ILLA DE SARÓN

O alumnado de 1º de ESO do IES Illa de Sarón participou nunha Xornada de tirada de Bolos no Campo municipal de fútbol Xove, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xove, para promocionar este deporte popular.

O técnico de Cultura Mario Eijo, deulles unhas explicacións teóricas e un xogador veterano encargouse de ensinar a parte práctica do xogo.

Contamos tamén coa colaboración de 2 alumnos do instituto, Julia López Formoso e Javier Alonso, xogadores destacados na Liga de Bolos municipal e que xa acadaron importantes triunfos nas súas categorías.  

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CURSO 2018-19

 

 

HORARIO  DE VOTACIÓN

DÍA 26 DE NOVEMBRO

 

  • VOTACIÓN PROFESORADO: 10:30 - 11:30   18:00 - 18:30
  • VOTACIÓN ALUMNADO: 12:00 - 13:00
  • VOTACIÓN PAIS/NAIS: 18:30 - 20:30

 

Consulte os candidatos a cada un dos sectores no arquivo adxunto.

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Con motivo do 25 de novembro realizanse no IES Illa de Sarón varias actividades de concienciación do alumnado, coa finalidade de previr condutas de violencia de xénero entre os xóvenes. Todos debemos implicarnos en condenar, repulsar e denunciar a violencia.

O día 22 de novembro o axente da Policia Nacional, Pablo Rodríguez, da Unidade especial de familia e muller (UFAM), impartiu unha ponencia para o alumnado de ESO, co título: Violencia de xénero.Micromachismos e violencia na rede.

O equipo de Biblioteca montou unha exposición na entrada do centro con materiais recomendados para a prevención da Violencia de Xénero.

 

 

O alumnado de 2º de ESO na materia de Música, prepararon materiais para unha exposición na entrada do centro. Son textos ampliados de letras de cancións onde se suliñan mensaxes positivos de loita contra a violencia.

 

 

O día 23 de novembro proxectaremos no espazo Video Sarón,  os videos musicais destas cancións seleccionadas polo alumnado de 2º de ESO, con motivo desta data.

PROTOCOLO FOLGA DE ESTUDANTES

A decisión colectiva de non asistencia a clase para participar nunha folga tan só pode ser tomada polo alumnado a partir de 3º curso da ESO.

En consecuencia o alumnado de 1º e 2º de ESO non poderá tomar decisións colectivas con respecto á asistencia á clase e/ou participación nunha folga. Tan só poderá sumarse á folga a título individual coa autorización expresa do pai/nai ou titor legal. 

A non asistencia a clase do alumnado como consecuencia da participación nunha folga legalmente autorizada, tera á consideración  de falta xustificada, se sigue o protocolo establecido polo centro e se comunica previamente á dirección do centro. 

 

Para sumarse á folga a título individual, o alumnado e/os titores legais deberán cubrir o impreso que figura como adxunto e entregalo ó titor/a. 

 

FUNDAMENTACION LEGAL: dereito de reunión recollido no artigo 8 da Lei Orgánica do dereito á educación (LODE- L.O 8/1985, modificado pola Disposición derradeira primeira, 5):da LOE (L.O 2/2006) 

A CIENCIA DE HARRY POTTER

O alumnado de ESO do IES Illa de Sarón asistiu o luns día 1 de outubro, no Salon de actos do Concello de Xove, ao espectáculo de divulgación científica: A ciencia de Harry Potter

Esta actividade pertence ó programa Ler conta moito 2018 para a dinamización da lectura nas Bibliotecas Públicas. A través de experimentos analiza dese a óptica da ciencia a viabilidade no mundo real do universo literario de Harry Potter. 

 

 

II SEMANA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS CONCELLO DE CERVO

O alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Illa de Sarón asistiron en San Cibrao ás actividades escolares organizadas polo Concello de Cervo con motivo da II Semana escolar de Prevención de Incendios. Coñeceron o dispositivo de emerxencias do Concello e participaron en simulacros de evacuación de incendios. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut